O Alcalde participa nos actos de conmemoración do 150 aniversario do Colexio dos Escolapios de Monforte

Monforte de Lemos, 1 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, participou nos actos con motivo do 150 aniversario do Colexio dos Escolapios de Monforte.

No acto estivo acompañado polo Padre Javier Agudo García, a directora deste centro educativo, Estefanía López López, o anterior director e profesor, Pablo Blanco Losada, así coma outros docentes e autoridades.

En concreto, o rexedor monfortino acudiu a celebración litúrxica dende as 12:00 horas na  igrexa de Nosa Señora da Antigua.

A xornada rematou cunha  comida conmemorativa do 150 aniversario da presenza dos Padres Escolapios en Monforte de Lemos no Claustro do histórico edificio de Nosa Señora da Antigua, tamén coñecido como o Escorial Galego.