O Concello traballa no restablecemento dun corte na rede de abastecemento de auga debido ós cambios de presión polas obras no saneamento e abastecemento

Monforte de Lemos, 4 de xuño de 2024. O Concello de Monforte informa que debido ás obras que se están facendo para a mellora da rede de saneamento e de abastecemento da cidade, prodúcense cambios de presión que provocan roturas en dita rede.

Por este motivo, estase a traballar para restablecer o corte no subministro de auga na rúa Francisco Moure, no Reboredo dende o paso a nivel cara ó Polígono, e na Lagoa e no Barrio da Regueira, en Piñeira.

Está previsto que a media tarde poida ser reestablecido o servizo.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.