Monforte de Lemos, 13 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e polo presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, reuniuse na tarde de onte con representantes das 34 adegas que protagonizará do 5 ó 7 de xullo a sexta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.
O encontro levouse a cabo no Salón de Plenos da Casa do Concello de Monforte, e serviu para que o Alcalde lles explicara os aspectos organizativos, estéticos e técnicos e as principais novidades,en relación coa organización e montaxe do espazo expositivo, que como en pasadas edicións, ubicarase no Paseo do Malecón beira do río Cabe.
Estes aspectos arredor do Festival do Viño xa foran dados a coñecer ós medios de comunicación en rolda de prensa o pasado luns polo Alcalde, pero como en pasadas edicións, o rexedor monfortino tamén llos detallou ós adegueiros participantes na xuntanza de onte.
Así o rexedor monfortino deulles a coñecer as novidades no deseño dos espazos e dos stands que cada adega ocupará no certame, así como o deseño das zonas comúns, e todo o programa de actividades que rodea ó Festival.
Sorteo de ubicacións dos stans das adegas no Festival do Viño
O encontro cos adegueiros e adegueiras participantes no Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2024 serviu tamén para levar a cabo o sorteo público da ubicación do stand de cada adega no Festival, sorteo que se levou a cabo mediante a extración do nome de cada adega dunha caixa habilitada para a ocasión.
Deste xeito, a orde foi a seguinte, colocándose a partir do novidoso pórtico de entrada do Festival:
- Vía Romana
- Pazo de la Cuesta
- Portoás
- Asolagados
- Cividade
- Cruceiro
- Santa Mª de Nogueira
- Adega Vella
- Adega Carqueixa
- Alouviño
- Finca Cuarta
- Ponte da Voga
- Cardenal Rodrigo de Castro
- Lucenza
- Alma das Donas
- Tolo do Xisto
- Condado de Sequeiras
- Petrón
- Tear
- Finca Míllara
- Os Cipreses
- Algueira
- Regina Viarum
- Gullufre
- Abadía da Cova
- Guímaro
- Castrofiz
- Don Bernardino
- Rectoral de Amandi
- Peza do Rei
- Galanteiro
- Viña Vella
- A Man de Prado
- Malcavada
O Alcalde agradeceu ós adegueiros e adegueiras o seu compromiso e o interese en participar neste certame. Do mesmo xeito, o presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, que será o pregoeiro desta 6ª edición do Festival do Viño, agradeceu ó Alcalde a promoción e a visibilidade que ten este Festival grazas ó traballo que se fai dende o Equipo de Goberno, e que tamén é posible pola colaboración dos adegueiros e adegueiras.
Pola súa banda, os adegueiros amosaron a súa satisfacción pola consolidación deste Festival do Viñe agradeceron ó Concello o interese e esforzo que fai ano a ano para organizar e celebrar un certame do que agardan atraia a milleiros de persoas a Monforte durante a primeira fin de semana de xullo, do 5 ó 7.
O Alcalde tamén anunciou que o Paseo do Malecón permanecerá cortado dende o domingo 30 de xuño, para proceder á montaxe do Festival do Viño.