A Tenente de Alcalde entrega os trofeos do V Torneo de Fútbol 8

Monforte de Lemos, 16 de xuño de 2024. A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega na tarde-noite de hoxe dos trofeos correspondentes ó V Torneo de Fútbol 8. Fíxoo en representación do Alcalde, José Tomé, quen non puido acudir por coincidir á mesma hora coa Clausura da Liga de Veteranas de Baloncesto, no Pavillón Polideportivo de A Pinguela.

Este torneo foi organizado polo Club de Fútbol Monforte, en colaboración co Concello de Monforte, e celebrouse campo municipal de fútbol Luis Bodegas.