Monforte de Lemos, 17 de xuño de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acudiu hoxe, luns 17 de xuño, ó Auditorio do Edificio Multiusos para presenciar o tradicional Festival de Primavera a cargo dos Xograres de Lemos, festival que esta agrupación monfortina celebra ano a ano por estas datas.
O rexedor monfortino estivo acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Servizos, José Luís Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López.
O Festival contou cunha gran afluencia de público, que encheu o Auditorio do Edificio Multiusos.
O Festival fixo un repaso por cancións e melodías de diferentes países do mundo, como Francia, Alemaña, Arxentina, Portugal, Estados Unidos e tamén España e Galicia.