CAMPAÑA DE VERÁN 2024 A PREVENCIÓN É COUSA DE TODOS

Campaña de prevención do consumo de alcol

A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS de Monforte de Lemos (Servizo de Prevención) lanza unha nova campaña na que o seu obxectivo principal é difundir os efectos negativos do abuso de alcohol. Para iso solicitamos a súa colaboración para transmitir esta información á poboación xeral, porque recordemos que a PREVENCIÓN É COUSA DE TODOS.

Queremos alertar do alto risco de consumo de alcol durante as vacacións por parte de adolescentes e xóvenes, e así mesmo dos adultos. Todos temos claro os riscos do consumo de alcol, pero non está de mais recordalos e telos presentes.

O consumo de alcol é un dos principais factores de risco evitables no desenvolvemento de máis de 200 problemas de saúde e lesións.

O consumo excesivo de alcol pode causar danos físicos e psíquicos ademais de danos sociais. O risco de sufrir estes danos é maior cando este consumo comeza na adolescencia.

RISCOS A CURTO PRAZO

 Pode levar á intoxicación por alcol, que pode causar coma e mesmo a morte. Promove comportamentos de risco. Está moi relacionado cos accidentes de tráfico ou con prácticas sexuais de risco, que poden levar a contraer enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados debido a un menor autocontrol e desinhibición.

RISCOS A LARGO PRAZO

Pode provocar importantes problemas de saúde (orgánicos ou/e psicolóxicos), conflitos familiares e sociais incluso en persoas que non desenvolveron unha dependencia e non son alcólicas.

• Orgánica: hipertensión arterial, gastrite, úlcera gastroduodenal, cirrose hepática, enfermidade cardíaca, encefalopatía, cancro.

• Psicolóxicos: Trastornos do sono, agresividade, depresión, disfuncións sexuais, perda de memoria, deterioro cognitivo, demencia alcólica, psicose.