O Alcalde cualifica á edición de 2024 do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte como un éxito en todos os sentidos.

O Alcalde cualifica á edición de 2024 do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte como un éxito en todos os sentidos.

-José Tomé Roca, fixo unha primeira valoración do Festival do Viño da Ribeira Sacra, e califica esta edición de éxito rotundo en todos os sentidos. Un ano máis prodúcese un aumento do número de adegas participantes, da afluencia de visitantes ó Festival e das ventas acadadas, tal e como lle expresaron os adegueiros ó Alcalde nas conversas mantidas con eles durante a celebración do evento.

-A edición de 2024 tal e como afirma o Alcalde, “é a mellor das celebradas ata a data, e para elo resaltou “a asistencia masiva de público nesta edición con moita xente de fora de Monforte e de fora de Galicia, estimándose que visitaron o Festival do Viño de Ribeira Sacra sobre 20.000 persoas, 5.000 máis que o pasado ano, que é unha cifra enorme nun espazo limitado de tempo”.

-Estímase que podemos cualificar de excelente con unha plena satisfacción das actividades nos stands, así como nas actividades plantexadas como complemento do Festival. Tanto nas catas como nas masterclass a demanda superou con creces a oferta prevista, ata o punto de que, -tal e como afirma Tomé-, estudiarán a posibilidade de aumentar a oferta nas próximas edicións”.

- Outro dos aspectos nos que se sustenta o rotundo éxito da 6ª edición deste Festival do Viño son as cifras de ventas acadadas: á espera dos datos definitivos, xa se pode afirmar que se venderon uns 12.000 tíckets, sen ter en conta as vendas directas en botella, que tal e como manifestaron os adegueiros do Festival, incrementouse de forma exponencial con respecto ás edicións anteriores, e sen ter en conta a enorme cantidade de invitacións que fan as propias adegas e as persoas que visitan o Festival e que non consumen viño.”

-En canto as actividades nos stands gastronómicos, como nas actividades plantexadas como complemento do Festival, as valoracións desta edición, confirman un aumento importantísimo con respecto ás anteriores. Tanto nas catas como nas masterclass, a demanda superou con creces a oferta prevista, ata o punto de que, -tal e como afirma Tomé-, estudiarán a posibilidade de aumentar a oferta nas próximas edicións”.

-O rexedor monfortino sustentou o éxito do Festival no compromiso das 34 adegas participantes, na colaboración do Consello Regulador de Ribeira Sacra, na calidade e axeitada ubicación dentro do recinto dos concertos musicais, nos stands de gastronomía como complemento da degustación do viño, así como na alta demanda que tiveron as catas de iniciación e tamén no modelo do propio festival que é único en Galicia.

Monforte de Lemos, 8 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de facer unha primeira valoración da 6º edición do Festival do viño de Ribeira Sacra que califica “de éxito rotundo en todos os sentidos”. Esta edición supón a consolidación definitiva deste evento de promoción tanto do viño da D.O. Ribeira Sacra, como de Monforte como capitalidade da comarca, como a min me gusta chamar, un pedazo de paraíso do interior de Galicia, e da promoción tamén do conxunto da Ribeira Sacra, e de todos aqueles elementos que acompañan o mundo do viño”.

Neste senso, o Alcalde cualificou a edición de 2024 como a mellor das celebradas ata a data, e para elo resaltou “a asistencia masiva de público con moita xente de fora de Monforte e de fora de Galicia, a satisfacción dos adegueiros que aumentaron de forma exponencial as ventas este ano, e a satisfacción tamén dos stands gastronómicos, que tal e como me transmitiron están realmente satisfeitos das ventas acadadas”.

Compromiso das 34 adegas participantes

José Tomé resaltou na súa intervención “o compromiso das 34 adegas que estiveron presentes e a satisfacción que me fixeron chegar pola excelente organización do conxunto do Festival”.

O rexedor monfortino agradeceu expresamente “ó Consello Regulador a súa colaboración e sobre todo á xente do mundo do viño, que colaboran masivamente co Festival en datas de moito traballo para as adegas, e polo tanto, supón un esforzo engadido a súa presencia no Festival do Viño, onde como eles ben saben, o único que pretendemos é ser un evento de promoción do noso viño máis aló das fronteiras de cada Concello, máis aló da nosa provincia, de Galicia ou do resto do Estado, que ven o puidemos comprobar co numeroso público asistente que non era de Monforte ou de Galicia, e que se vai incrementando edición tras edición”.

Éxito dos concertos, da zona de catas e dos stands de alimentación

Os concertos celebrados durante o Festival “todos eles de moita calidade musical e artística, e que se desenvolveron no propio recinto do Festival,  congregaron a numeroso público que contribuíu a que a xente permanecera máis tempo no entorno do Malecón, e polo tanto, dentro do ambiente do Festival do Viño”, indicou o Alcalde. Tamén considera un éxito o aumento da hora de peche, que se modificou este ano por primeira vez e que foi clasificado tanto polos adegueiros como polos visitantes, dunha decisión  moi beneficiosa e positiva que permite desfrutar do Festival, ata o último momento.

Unha das actividades de máis éxito do Festival foron as catas de iniciación que se levan a cabo dentro do propio recinto, debido a que, explicou o Alcalde, “a demanda superou con creces á oferta que tiñamos prevista, o que nos leva a pensar que é unha das actividades ás que temos que darlle unha maior dimensión”.

Esforzo organizativo e orzamentario do Concello monfortino

O Alcalde quixo tamén dar a coñecer  “o esforzo que supón para o Concello de Monforte esta promoción na tripla dimensión: do viño, de Monforte e de Ribeira Sacra, dado que realizamos eses traballos de promoción dentro e fora de Galicia, que supoñen para o Concello de Monforte un investimento moi importante e que xunto co investimento da organización do Festival supón unha inversión superior ós 250.000 euros, a falta de contabilizar os últimos gastos do evento”.

E engadiu que “a min gústame chamarlle investimento posto que é evidente que produce un retorno económico, unha publicidade e un coñecemento do viño de Monforte e da Ribeira Sacra que fai que estea de moda, o que conleva un crecemento exponencial do turismo e de sectores importantes para a economía da zona como é o comercio e a hostalería, incrementándose a demanda de prazas hoteleiras e pisos turísticos, o que sen dúbida é unha boa noticia dende o punto de vista económico para o desenvolvemento de Monforte e da comarca”.

O Festival desenrolouse con total normalidade, motivo polo que tal e como expresa o Alcalde de Monforte, “temos que felicitarnos todos, tendo en conta a presenza da Policía Local e da empresa de seguridade que contratamos ó efecto”.

Todo este conxunto de cousas, fan que o rexedor califique a VI edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de “éxito en todos os sentidos” e tal e como manifestou nestas primeiras valoracións do evento, “a partir de hoxe mesmo, xa traballamos para a VII edición, para seguir mellorando e crecendo na promoción do viño da Ribeira Sacra”.