O Alcalde de Monforte informa da apertura do prazo de solicitude de instalacións deportivas para a tempada 2024-2025

Monforte de Lemos, 17 de xullo de 2024.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que a partir de mañá xoves día 18 de xullo, todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2024 – 2025.

En particular poderán presentar solicitude:

  • Asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2024 – 2025.
  • Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2024 – 2025 organizada por algunha das federacións deportivas Galegas ou Españolas.
  • Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2024 – 2025.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es sendo o derradeiro día para a presentación o 1 de agosto de 2024.

Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.

Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo Regulamento de uso, reserva e aluguer de instalacións deportivas municipais do Concello de Monforte de Lemos que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.

Ao pé desta nova pódese descargar a seguinte documentación:

  • Bases da convocatoria.
  • Modelo de solicitude anexo 1.
  • Modelo de solicitude anexo 2 (específico para solicitude de adestramentos e escolas).
  • Modelo de solicitude anexo 3 (específico para organización de competicións deportivas non federadas).
  • Instrucións para presentar a solicitude.

BASES SOLICITUDE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 2024-2025

ANEXO 1 SOLICITUDE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 2024-2025

ANEXO 2 SOLICITUDE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 2024-2025

ANEXO 3 SOLICITUDE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 2024-2025

INSTRUCIÓNS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE