A prevención é cousa de todos

Monforte de Lemos, 2 de agosto de 2024. O Concello de Monforte, a través da Unidade Asistencial de Drogodependencias recorda, ante a chegada das Festas Patronais, que ten en marcha a campaña " A prevención é cousa de todos", sobre o consumo excesivo de alcol.

Para elo, repartíronse 200 carteis por toda a cidade para lembrar á cidadanía que sexamos conscientes das consecuencias negativas do consumo abusivo de alcol, sobre todo o consumo por menores de idade, e "que todos poñamos o noso granito de area para evitar problemas e que as festas sexan iso, festas, e que poidan disfrutar por igual delas xente de todas as idades".