A praza de España acolle este sábado 10 unha nova edición da “Gala Máxica”, organizada polo Concello de Monforte

-Trátase dunha nova edición da Gala de Maxia integrada dentro do programa do Verán Cultural do Concello de Monforte.

-Nesta edición, que terá lugar este sábado 10 de agosto a partir das 22:30 h. na praza de España, os protagonistas serán os magos Rafa, Iago e Dani Polo.

 

Monforte de Lemos, 9 de agosto de 2024. O Concello de Monforte acollerá este sábado 10 de agosto, a celebración dunha nova edición da Gala de maxia, denominada Gala Máxica, que forma parte ano a ano do programa do Verán Cultural monfortino.

A gala, organizada e patrocinada polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte e polo AGADIC da Xunta de Galicia, celebrarase na praza de España a partir das 22:30 horas.

Os protagonistas serán o Mago Rafa, o Mago Iago e Dani Polo.

Todas as actuacións serán con entrada gratuíta e dirixidas a todos os públicos.