O Alcalde informa que, como cada ano, as atraccións das Festas Patronais de Monforte permanecerán sen ruído durante 1 hora ó día

Monforte de Lemos, 12 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que como cada ano, as atraccións feirais das Festas Patronais de Monforte permanecerán sen ruído e sen música, en solidariedade cos nenos e nenas, e tamén con persoas de todas as idades, ós que lles afecta a música e os ruídos propios destes elementos de ocio.

Deste xeito, durante os 6 días de celebración das Festas Patronais, do 11 ó 16 de agosto,  durante unha hora, concretamente de 19:00 a 20:00 horas, todas as atraccións feirais silenciarán a súa música co obxecto de que estes nenos e nenas poidan disfrutar das atraccións sen a chamativa música que as caracteriza, polo tanto podelo facer con tranquilidade.

Esta acción é un compromiso directo do Alcalde, que mantén ano a ano coas persoas que se ven afectadas por este tipo de elementos sonoros característicos das Festas, ó igual que ocorre en outras moitas cidades.