O Alcalde de Monforte preside ás honras á Virxe de Montserrat en San Vicente do Pino, no día grande das festas da cidade

Monforte de Lemos, 15 de agosto de 2024. Na mañá de hoxe, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, encabezando a comitiva institucional, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, no día grande das Festas Patronais da cidade.

Deste xeito, a comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así como diversas autoridades de índole local, galego e nacional, partiu ás 10:30 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa de San Vicente, acompañados polo Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte de Lemos e do Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos.

Deste xeito recuperouse a tradición que marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente do Pino, algo que foi posible logo de que remataran as obras de mellora en dita igrexa, a finais do pasado ano 2023.

A chegada da comitiva oficial á igrexa de San Vicente tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.

Deste xeito, tras a eucaristía, que foi cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte, celebrouse, no atrio e exterior da igrexa, unha Procesión coa imaxe da Virxe e unha Ofrenda floral á Virxe de Montserrat na que o Alcalde de Monforte, acompañado pola súa esposa, depositou flores ante a Virxe. Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe.

Tras elo, o Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte, ó son do Grupo de Gaitas Terra de Lemos, executaron diversas pezas de danza diante da Virxe. Tras elo, concluíron os actos de honra á Virxe.

O prato forte no programa das Festas Patronais do día de hoxe serán os Fogos de San Vicente, que terán lugar esta noite ás 12 horas, e o concerto de Álvaro de Luna, que dará comezo tras os Fogos, as 00:30 na explanada da Compañía.

 

Autoridades presentes nos actos institucionais

Ademais do Alcalde, José Tomé Roca, tamén participaron a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Sanidade, Pilar Espinosa, Consumo, Regina López, Muller e Igualdade, Margarita López, os concelleiros de Servizos, José Luis Losada e Deportes, José Manuel Mougán, os concelleiros do Partido Popular, Katherinie Varela, José Luis Rodríguez, María Luisa Vázquez e Emilio Iván Vázquez, o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez. Por parte da Policía Local de Monforte, participaron o Inspector Xefe, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez.

Tamén cabe citar a presencia do senador César Mogo, os alcaldes de Ferreira de Pantón, José Luis Álvarez e Sober, Luis Fernández, a deputada provincial Mª Sol Morandeira, a Directora Territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, así como distintos pedáneos e pedáneas, e tamén María Emilia Casas Baamonde, Julio Padilla Carballada ou Margarita Rodríguez Otero, entre outras autoridades.