O Alcalde anuncia a celebración en Monforte da Final Galega da Copa Federación de Fútbol este domingo 18 ás 19:30 h no campo da Pinguela

Monforte de Lemos, 16 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que a cidade de Monforte acollerá a Final galega da Copa Federación de fútbol, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol, e co apoio e colaboración do Concello de Monforte.

Deste xeito, o Estadio municipal de fútbol de A Pinguela de Monforte acollerá este domingo 18, ás 19:30 horas, a final da Fase Galega da Copa Federación entre o Curoxo F.C. e o C.D. Lugo.

A sede elixida pola RFGF foi o Estadio A Pinguela de Monforte, que grazas á colaboración do Concello de Monforte de Lemos, acollerá este partidazo entre dous dos mellores equipos do noso fútbol.

O Alcalde amosa a súa satisfacción porque Monforte acolla un encontro destas características, “que reúne a dous equipos que son referencia en Galicia, e animo ós monfortinos a acudir a esta festa do fútbol galego na nosa cidade”.

O equipo que resulte campión en Monforte, acadará o trofeo e a clasificación para a Fase Nacional, a cal da acceso á Copa do Rei para os catro equipos que acaden ás semifinais.