O Alcalde de Monforte inaugura a Festa da Empanada e da Larpeira en Ribas Altas

Monforte de Lemos, 18 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou a Festa da Empanada e da Larpeira de Monforte, festa gastronómica popular que se celebrou na xornada deste domingo 18 de agosto na área de recreo de Ribas Altas.

Numeroso público encheu esta área recreativa, nunha das festas con máis tradición das que se organizan no Concello.

A festa da Empanada está organizada pola Asociación de veciños de Ribas Altas e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

A romería foi amenizada polo grupo O Ventosiño de Os Xograres de Lemos e o grupo Sabor Latino.