Monforte de Lemos, 18 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado facer entrega do trofeo da Final galega da Copa Federación de fútbol, que se celebrou hoxe domingo no o Estadio municipal de fútbol de A Pinguela de Monforte, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol, e co apoio e colaboración do Concello de Monforte.
O Alcalde estivo acompañado polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o presidente do CD Lugo, Tino Saqués, así como directivos da Federación, concelleiros monfortinos, entre outras autoridades.
Deste xeito, dende as 19:30 horas, o estadio monfortino acolleu a final da Fase Galega da Copa Federación, que foi disputada entre o Curoxo F.C. e o C.D. Lugo.
A sede elixida pola RFGF foi o Estadio A Pinguela de Monforte, que grazas á colaboración do Concello de Monforte de Lemos, acollerá este partidazo entre dous dos mellores equipos do fútbol galego.
O C.D. Lugo foi o equipo gañador, impoñéndose ó Coruxo F.C. por 1 gol a cero, tanto marcado por Jon Cabo. O Alcalde fíxolle entrega ó seu capitán da copa de gañador, acompañado polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o presidente do CD Lugo, Tino Saqués.
Deste xeito, o C.D. Lugo, ó resultar gañador do encontro, acada a clasificación para a Fase Nacional, a cal da acceso á Copa do Rei para os catro equipos que cheguen ata as semifinais.