A Tenente de Alcalde fai entrega do trofeo do Torneo de Golf Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 19 de agosto de 2024. A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega na tarde de onte domingo 18 de agosto do trofeo ó gañador do Torneo de Golf Concello de Monforte, que se disputou no Club de Golf Río Cabe, coa participación de 50 xogadores.

Gloria Prada, acudiu en nome do Alcalde, José Tomé Roca, debido a que a entrega de trofeos coincidiu coa Final da Copa Galega da RFGF que se disputou no Campo de fútbol municipal de A Pinguela, e que enfrontou ó CD Lugo e ó Coruxo FC.

Deste xeito, a Tenente de Alcalde entregou os trofeos e agasallos ós gañadores do Torneo de Golf Concello de Monforte, organizado pola A.D. Río Cabe Golf, e que conta co patrocinio do Concello de Monforte.

Na fotografía, Gloria Prada entregou o premio ó gañador absoluto do torneo, Eduardo Varela Puga, con un resultado de -6, que bate o récord do percorrido do campo.