Monforte de Lemos, 26 de agosto de 2024. O Concello de Monforte acollerá este mércores 28 de agosto, a celebración do ciclo musical denominado Monforte Fusión, que no ano 2022 foi unha actividade novidosa dentro do programa do Verán Cultural do Concello e que este ano alcanza a súa terceira edición, dado o éxito colleitado.
O ciclo, organizado polo Equipo de Goberno e que conta co apoio do Plan Deputación de 2024 de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, suporá a celebración de dúas actuacións musicais na Praza de España:
22:00 h.- A lo cubano. Grupo musical interactivo creado para difundir a boa música cubana e de fusión, cun repertorio que abarca o son, a salsa, a bachata, o merengue, o boleiro ou o chachachá.
23:30 h.- Cherry Sweet. As integrantes desta banda unirán música de todos os tempos co estilo divertido, orixinal e elegante do swing dos anos cincuenta. É unha banda formada por tres vocalistas cuxos arranxos vocais están dirixidos pola extraordinaria Sabela Cereijo.
Todas as actuacións serán con entrada gratuíta e dirixidas a todos os públicos.