O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Setembro 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
GROOMING, A PEOR PALABRA DO MUNDO
Coa aparición da internet e as pantallas no noso día a día, apareceron tamén novos riscos ante os cales a sociedade pode verse pouco preparada: consumo compulsivo de pornografía, sexspreading, sexting… As tecnoloxías actuais han creado un espazo para novos tipos de interacción social. Con todo, tamén expuxeron aos máis novos a novas vulnerabilidades dixitais, como a interacción con descoñecidos no grooming. Son o tipo de riscos que ameazan con aumentar máis e máis a victimización sexual dos nosos menores.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com