PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE /horario mes de setembro 2024

Do 1 ó 30 de setembro o río Cabe continuará cos PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE cun novo horario.
Os Paseos en Barca que nos meses de xullo e agosto foron un grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitaron nesta época.

Hai diversos aspectos que contribúen a que este evento sexa moi significativo: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e o seu contorno como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que a actividade supón para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial local en particular e galega en xeral.

Poderán seguir alugándose barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes de luns a domingo cos seguintes horarios:

  • Luns a venres, tardes de 17:00 a 21:00 h
  • Sábado, domingo e festivos, mañás de 11:00 a 14:00 h e tardes de 17:00 a 21:00 h

A actividade Paseos en Barca polo Río Cabe está organizada polo Concello de Monforte de Lemos coa colaboración da Deputación de Lugo -Plan Deputación de Lugo 2024 de Cooperación cos Concellos e o Clube de Piragüismo Quixós.