O Alcalde participa na III Carreira e Andaina contra o Cancro, que reuniu en Monforte a 600 persoas inscritas

Monforte de Lemos, 15 de setembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros e concelleiras de Servizos, José Luis Losada, Cultura, Marina Doutón, Deportes, José Manuel Mougán, Consumo, Regina López, Muller e Igualdade, Margarita López, e Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz participaron na III Carreira e Andaina “Monforte en Marcha contra o Cancro”, acompañando á Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, María Luz Abella, así coma outras integrantes da asociación, e membros da corporación municipal.

Este evento deportivo e solidario celebrouse este domingo 15 de setembro ás 12 do mediodía, nun circuíto urbano de Monforte dun percorrido de 5 quilómetros que tivo saída e chegada na Explanada da Compañía.

 “Dende o Concello, a través da Concellería de Deportes, colaboramos coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local”, recordou o Alcalde.

Ademais, para o desenvolvemento desta carreira, dende o Concello tamén se proporcionou o servizo de ambulancia, e as vallas necesarias para delimitar o circuíto deseñado para a mesma. A Policía Local colaborou no corte e vixilancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorreu a carreira.

A saída tivo lugar dende a Explanada da Compañía, seguiu pola rúa Compañía, dirección Paseo de Lugo, a continuación por rúa Carude completa, San Lázaro e desde o paso a nivel volveu dirección centro cidade por rúa Reboredo, rúa Dalmiro de la Valgoma e rúa Escultor Francisco Moure (ata as proximidades do paso a nivel). A continuación o circuíto baixou por rúa Compañía ata a glorieta de entrada ó Parque dos Condes pola metade da calzada máis próxima aos edificios, xirou na glorieta e subiu pola metade máis próxima ás Casitas, ata introducirse de novo na Explanada, onde estaba a meta. Os e as participantes deron dúas voltas a este percorrido.

A carreira e andaina contou coa participación de arredor de 600 persoas, e Esta carreira popular e urbana, é de carácter benéfico e contou con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

Os gañadores foron, en categoría masculina Iker Fernández Codesido (1º), Manolinho Besteiro Rodríguez (2º) e Jesús Corral Mato. Mentres que en categoría feminina as gañadoras foron Luisa Celez Somoza (1ª), Marta Valín Sández (2ª) e Sara Pérez Pallín (3ª).

O Concello colaborou activamente na III Andaina e Carreira contra o Cancro

O Equipo de Goberno colaborou activamente coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local.

Ademais, para o desenvolvemento desta carreira, dende o Concello tamén se proporcionou o servizo de ambulancia, e levouse a cabo a colocación das vallas necesarias para delimitar o circuito deseñado para a mesma.

A Policía Local colaborou no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorriu a carreira, velando tamén pola seguridade dos e das participantes.

O Concello de Monforte  leva a cabo unha colaboración constante que se traduce na cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade. Do mesmo xeito, o Concello participa e colabora en todas cantas actividades desenvolven na cidade do Cabe.