O Alcalde informa de obras de mellora para a conexión da tubaxe xeral da rede de abastecemento de auga cun by-pass na rúa Rosalía de Castro

Monforte de Lemos, 16 de setembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que debido ás obras de mellora que o Concello de Monforte está a levar a cabo na rede de abastecemento de auga da cidade que abastece ó depósito de San Vicente, mañá martes día 17 e este mércores 18 de setembro procederase á conexión da tubaxe xeral co by-pass na rúa Rosalía de Castro, que ben de ser executado para a mellora do saneamento en dita rúa.

Esta obra estaba prevista para levar a cabo os pasados 3 e 4 de setembro, pero non se puido executar entón debido a un problema no subministro de materiais que tivo a empresa executora da obra.

Por este motivo, levarase a cabo un corte no subministro, que non suporá o corte da auga, senón que so producirá unha baixada de presión na mesma, e que se levará a cabo os citados 17 e 18 de setembro, entre as 8 da mañá e as 5 da tarde (17:00 h).

As conexións da tubaxe xeral co by pass realizaranse na intersección entre a rúa Doutor López Suárez e a rúa Rosalía de Castro mañá martes 17 de setembro, e a intersección entre a rúa Rosalía de Castro coa rúa Coruña, o mércores 18 de setembro.

As rúas que se verán afectadas por esta acción de mellora serán o Lugar de Reigada, e en ambas marxes das seguintes rúas: Rosalía de Castro, Doutor Casares, Concepción Arenal, Doutor López Suárez, Poeta Noriega Varela, Condesa Pardo Bazán, Vilanova, Morín, Rioseco, Juan Montes, Padre Feijóo, Ramón Cabanillas, Mato e rúa das Cruces.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.