O Alcalde da a coñecer a programación teatral do Concello de Monforte para o último trimestre de 2024, formada por 12 obras

Monforte de Lemos, 16 de setembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia que o teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o último trimestre do ano 2024, tras rematar o programa do Verán Cultural.

Deste xeito, o Concello ofrece ós monfortino e monfortinas a oportunidade de asistir a 12 representacións de compañías tanto profesionais como de teatro afeccionado dirixidas a público adulto como infantil e familiar, e representaranse entre os meses de outubro e decembro. Así, escenificaranse no Auditorio do Edificio Multiusos e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, 5 obras dirixidas a público adulto, 4 pezas dirixidas a público infantil e familiar, e 3 para todos os públicos.

O Alcalde destaca que “tras o éxito do programa das Festas Patronais e do Verán Cultural, que rematará este sábado 21 coa celebración da romaría do San Mateo, na parroquia de A Parte, animamos ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o último trimestre do ano, a partir do 3 de outubro, que dará continuidade ó noso calendario cultural de actividades e que se estende ó longo de todo o ano”.

 

Rede de Teatros e Auditorios

A participación do Concello da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

Programación para Público Adulto:

  • Último verán en Santa Cristina, da compañía Teatro do Noroeste, o xoves 3 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • O Dragón de ouro, da compañía Sarabela Teatro, o xoves 17 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • Desexo, da compañía Talía Teatro, o xoves 7 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • Soños, da compañía Arte Feito, o xoves 21 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • Testosterona, da compañía Malasombra, o xoves 12 de decembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

 

Programación para Público Infantil e Familiar:

  • Kyoki, da compañía Elefante Elegante, terá lugar o domingo 13 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio do Edificio Multiusos,  con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • La ratita presumida, a cargo de Tropos, Teatro de Títeres, terá lugar o domingo 10 de novembro, ás 18:00 horas no Auditorio do Edificio Multiusos,  con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • Nanai da China, a cargo da compañía Pérez&Fernández, terá lugar o domingo 1 de decembro, ás 18:00 horas no Auditorio do Edificio Multiusos,  con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

 

Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional

O Concello de Monforte de Lemos tamén participa noutros dous circuítos teatrais nesta ocasión os da Área de Cultura da Deputación de Lugo: o Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional.

Dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado, o sábado 30 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o grupo Teatreiras-Monforte representará Os Outros, con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos.

Tamén dentro deste ciclo de teatro afeccionado, o sábado 14 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o Grupo de teatro Viraventos-Monforte representará Copacabana, con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos.

Dentro do Circuíto de Teatro Profesional o grupo Teatro do Miolo representará o mércores 18 de decembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a obra Saíndo do cerco. Esta representación dirixida todos os públicos tamén será de entrada gratuíta.

Finalmente, tamén dentro deste Circuíto de Teatro Profesional, o xoves 26 de decembro ás 18:00 horas, no Auditorio do Edificio Multiusos, terá lugar a representación da obra Coa música a outra parte, da compañía Trécola Producións.