O Concello de Monforte de Lemos presenta a programación de teatro de outubro a decembro de 2024. O Concello integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia /AGADIC-GALESCENA, así como nos Circuitos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura, continuará neste segundo semestre de 2024 coa programación teatral. Grazas a esta programación teremos a oportunidade de asistir a doce representacións, dez compañías profesionais e dúas afeccionadas.
Teremos catro obras para un público familiar e os máis pequenos e oito para o público adulto.
Programación 2º semestre 2024:
Programación Adultos Rede de Teatros e Auditorios AGADIC -Xunta de Galicia:
- TEATRO DO NOROESTE coa obra ÚLTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA 03/10/24
- SARABELA TEATRO con O DRAGÓN DE OURO 17/10/24
- TALÍA TEATRO con DESEXO 07/11/24
- ARTEFEITO con SOÑOS 21/11/24
- MALASOMBRA con TESTOSTERONA 12/12/24
Programación infantil Rede de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia:
- ELEFANTE ELEGANTE coa obra KYOKI 13/10/24
- TROPOS, TEATRO DE TÍTERES con LA RATITA PRESUMIDA 10/11/24
- PÉREZ&FERNÁNDEZ con NANAI DA CHINA 01/12/24
As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos, as infantís ás 18:00 h e as de adulto ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.
Representacións Circuíto de Teatro Afeccionado –Deputación de Lugo –Concello de Monforte. Para todos os públicos/ Casa da Cultura Porta Lois Pereiro / 20:00 H / Entrada gratuita
- 30 NOVEMBRO TEATREIRAS MONFORTE con OS OUTROS
- 14 DECEMBRO VIRAVENTOS MONFORTE con COPACABANA
Representación Circuíto de Teatro Profesional –Deputación de Lugo –Concello de Monforte. Público adulto / Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro / 20:30 H / Entrada Gratuíta
- 18 DECEMBRO TEATRO DO MIOLO con SAÍNDO DO CERCO
Público infantil e familiar / Edificio Multiusos / 18:00 H / Entrada gratuíta
- 26 DECEMBRO TRÉCOLA PRODUCIÓNS con COA MÚSICA A OUTRA PARTE