TEATRO INFANTIL E FAMILIAR no Edificio Multiusos,TRÉCOLA PRODUCIÓNS con COA MÚSICA A OUTRA PARTE xoves 26 de decembro ás 18:00h h

O salón de actos do Edificio Multiusos acollerá o xoves 26 de decembro ás 18:00h unha representación teatral con entrada libre e gratuita para público infantil e familiar da compañía TRÉCOLA PRODUCIÓNS.

O espectáculo leva por título "COA MÚSICA A OUTRA PARTE" . A autora e directora é Isa G. Coldeira e o elenco é Ero Vázquez Cabrera e Raquel López Cendán.

Coa música a outra parte é unha comedia de luva e música en directo. catro historias entrelazadas forman este enredo baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola lle dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para darlles un toque divertido e provocador.

A representación forma parte do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo no ano 2024.