O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Outubro 2024

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Outubro 2024

 

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

AS SEIS TRAMPAS DO “EU CONTROLO”

Uso, abuso ou adicción á pornografía?

Aínda que poida parecer algo obvio e fácil de detectar, hai moitos comportamentos que se atopan na delgada liña divisoria entre o que é unha verdadeira adicción ou un mero comportamento repetitivo.

No camiño cara á adicción, hai moitas paradas distintas ao longo do percorrido que non teñen por que ser adicción. Á fin e ao cabo, non todos os que consomen pornografía se categorizan como adictos clínicos… Pero iso non implica que se vexan libres do risco que supón estar neste esvaradío camiño.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

 Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación – 17    Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail: uad@concellodemonforte.com