O Alcalde participa en Monforte nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar

Monforte de Lemos, 12 de outubro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, así como outros membros da corporación municipal, outras autoridades e alcaldes do Val de Lemos, participaron hoxe na celebración que tivo lugar na cidade con motivo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil.

O acto foi presidido polo Capitán da Garda Civil en Monforte, Santiago Tomay Roel, e polo propio Alcalde monfortino.

Os actos consistiron nunha misa na Igrexa da Estación na honra á Virxe do Pilar para, posteriormente, trasladarse ó Club Fluvial, no que tivo lugar a degustación dun viño español.