O Alcalde reforza o Programa Activa con 88 prazas máis en actividades de envellecemento activo

Monforte de Lemos, 22 de outubro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de aprobar o incremento en 88 prazas do Programa Activa, destinado a reforzar un dos piares básicos do mesmo, que é o envellecemento activo.

Logo de celebrarse o luns 4 de outubro o sorteo ordinario de asignación de prazas do programa Activa 2024-2025, e debido a que quedaron prazas libres en actividades como Competencias dixitais, Informática Básica, Cerámica, Manualidades, Bailes caribeños, ou Costura creativa, dende o Equipo de Goberno decidiuse abrir un prazo extraordinario, do 14 ó 18 de outubro, para ofertar ditas prazas disponibles.

Logo de finalizar os prazos ordinario e extraordinario de solicitudes do programa Activa e logo de ser asignadas as prazas disponibles, observouse que había unha alta demanda nas actividades Ximnasia de mantemento e Conservando a memoria.

Debido a que estas dúas son actividades que conforman un dos piares básicos do Programa Activa, o encamiñado ó fomento do envellecemento activo, dende o Executivo de José Tomé decidiuse conformar novos grupos e aumentar o número de prazas ofertatadas, co obxectivo de fomentar o mantemento da saúde física e cognitiva das persoas maiores, e de reducir significativamente a lista de espera en ambas actividades e dar así resposta á súa alta demanda.

Así, configuráronse dous novos grupos de Ximnasia de Mantemento:

  • Ximnasia de Mantemento 3, con 24 prazas, que se celebrarán os luns e os mércores de 11:15 a 12:15 horas.
  • Ximnasia de Mantemento 4, con 24 prazas, que se celebrarán os martes e os xoves de 17:30 a 18:30 horas.

E tamén outros dous grupos en Conservando a Memoria:

  • Conservando a Memoria 3, con 20 prazas, que se celebrarán os xoves de 18:00 a 19:30 horas.
  • Conservando a Memoria 4, con 20 prazas, que se celebrarán os luns de 11:00 a 12:30 horas.

En total, son 88 prazas máis en actividades de envellecemento activo, e estes novos grupos iniciarán as clases a partir do luns 4 de novembro.

Para formar os novos grupos, dende o departamento de Servizos Sociais, contactarase por teléfono ó longo destes días coas persoas que figuran nas listaxes de agarda pola orde obtida tras a finalización do proceso de adxudicación de prazas.