Monforte de Lemos, 26 de outubro de 2024. O Concello de Monforte informa que a empresa de transportes concesionaria do servizo do Autobús Urbano da cidade ven de comunicar que ante a folga de transporte de viaxeiros convocada para o vindeiro luns 28 de outubro, cabe a posibilidade de que os empregados de dita empresa secunden a folga, polo que, nese caso os horarios correspondentes ós servizos mínimos de dito bus urbano, que se manterán mentres dure a folga, serán:
- De 8:00 a 11:00 horas da mañá
- De 6 da tarde (18:00 h) a 9 da noite (21:00 h.)
Estes horarios serán efectivos sempre e cando o persoal da empresa concesionaria secunde a folga. De non secundala, os horarios do Autobús urbano serán os habituais dun luns laborable.