Monforte de Lemos, 4 de novembro de 2024. O Equipo de Goberno do Concello de Monforte programa para este xoves 7 de novembro ás 20:15 no Edificio Multiusos unha nova obra de teatro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024.
Así, terá lugar a coa posta en escena da obra para adultos Desexo, da compañía Talía Teatro, obra escrita e dirixida por Diego Rey e cun elenco artístico de Marta Ríos e Dani Trillo.
É unha obra para público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.
Sinopse
Que é o que máis desexas nesta vida?
Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo?
Ata onde chegarías para conseguilo?
Amosarías detalles íntimos da túa vida?
Ensinarías o teu corpo por diñeiro?
Que farías para evitar que a túa parella te deixara?
E para conseguir seguidores?
Desexo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.
É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.
A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, esta vez dirixida a público infantil e familiar, será La ratita presumida da compañía Tropos, Teatro de Títeres, que terá lugar o domingo 10 de novembro no Edificio Multiusos ás 18:00 horas, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.