Monforte de Lemos, 5 de novembro de 2024. O Concello de Monforte, como membro do GDR Ribeira Sacra-Courel, colabora na organización da conferencia do empresario, profesor y conferenciante Emilio Duró.
Baixo o título “O territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel motívase...”, terá lugar o vindeiro martes 12 de novembro ás 20:00 h no Auditorio do edificio Multiusos de Monforte, cedido polo Equipo de Goberno para este acto.
Emilio Duró abordará temas de actitude e motivación, clave para fortalecer o crecemento e a colaboración no territorio do GDR.
Este evento ten como obxectivo motivar e inspirar aos asistentes, fomentar a cooperación e promover o desenvolvemento persoal e profesional no noso territorio.
Para poder asistir a esta conferencia, é necesario facer inscrición previa a través do seguinte enlace: