Monforte de Lemos, 6 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, deu a coñecer hoxe en rolda de prensa “unha moi boa noticia, similar á que lles comunicamos este mesmo ano 2024 e que supuxo a celebración en Monforte do Campionato de España masculino de Pitch & Putt de Golf, os días 11 e 12 de maio. Campionato que resultou, como saben, todo un éxito.”
Deste xeito, a noticia que deu a coñecer o Alcalde foi que o campo monfortino do Club de Golf Río Cabe acaba de ser designado sede do Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch&Putt 2025, pola Real Federación Española de Golf. Esta competición de Seleccións Autonómicas, é a competición máis vistosa e emocionante do calendario nacional que organiza a Federación.
Polo tanto, os días 3, 4 e 5 de outubro de 2025, dentro de 11 meses, 16 seleccións autonómicas disputarán en Monforte de Lemos o título de Campioa de España. En concreto, as seleccións participantes serán: Castela e León, Galicia, Asturias, Baleares, Andalucía, Cantabria, Castela A Mancha, Navarra, Canarias, Aragón, A Rioxa, País Vasco, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia e Estremadura. Son seleccións de 4 xogadores, máis un capitán e un adestrador, polo serán arredor de 100 os deportistas participantes, os que haberá que engadir familiares e amigos.
Ó igual que ocorreu co Campionato de España individual masculino de Pitch&Putt, que se celebrou no pasado mes de maio en Monforte, e que foi todo un éxito, a cidade novamente volverá a contar en outubro de 2025 cos mellores golfistas do país nesta disciplina, o cal terá unha repercusión deportiva enorme.
“Para o Concello é unha excelente noticia que a Real Federación Española de Golf apostara, por segundo ano consecutivo polo campo de golf de Río Cabe e pola cidade de Monforte, como sedes de unha competición de tan alto nivel, que indica que se fan as cousas ben”, salientou José Tomé.
Tamén puxo en valor e agradeceu o Alcalde o traballo do Club de Golf Río Cabe “polas xestións feitas para que a nosa cidade puidera albergar novamente un evento destas características. Porque ademais, contamos cun excelente campo de golf de 18 foxos, que nos permite albergar competicións desta índole con todas as garantías, campo que tiven a honra de axudar a duplicar, xa que inicialmente era de 9 foxos, pasando agora a ser de 18, o que permite albergar este tipo de competicións”.
Non só se tratará dun evento de enorme relevancia deportiva, senón que tamén suporá un enorme estímulo económico tanto para Monforte como para a Ribeira Sacra. Porque ademais dos xogadores, tamén virán familiares e amigos acompañándoos, por lo que o número de visitantes nestes días multiplicarase. “Esta é unha maneira de promocionar Monforte, porque os propios deportistas e os acompañantes vannos facer de embaixadores”, indicou o Alcalde.
Este Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Pitch&Putt xerará un importante impacto no noso sector hoteleiro e de restauración, “unha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona. Sen dúbida, será un bo reclamo promocional para todo o sur da nosa provincia”, concluíu José Tomé.
Por todo elo, o Alcalde indicou que o Concello de Monforte colaborará con este Campionato, como ven sendo habitual neste tipo de eventos “proporcionando unha axuda económica, e tamén loxística se fora necesaria”.
Pola súa banda, o presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, agradeceu o apoio do Concello, e puxo en valor o traballo levado a cabo polo Alcalde hai uns anos que “permitiu a ampliación do campo a 18 foxos, o cal nos permite albergar esta competición que é de máximo nivel, e que fai que a Federación Española de Golf aposte por Monforte, con 3 competicións nacionais en 4 anos”.
O presidente do Club tamén anunciou que o hotel de concentración das Seleccións será o Parador de Turismo de Monforte de Lemos, que xa foi totalmente bloqueado para esa primeira fin de semana de outubro de 2025.
Desenvolvemento do Campionato
O venres 4 de outubro realizarase a xornada de adestramentos oficiais e ás 20:00 h terá lugar a reunión de capitáns no hotel de concentración. Posteriormente, ás 21:30 h o Parador de Monforte aloxará a cea oficial de benvida e a presentación dos 16 equipos.
O sábado 4 de outubro disputaranse dous roldas eliminatorias: Cuartos de final e semifinais.
O domingo 5 de outubro xogaranse as roldas de consolación e as Finais. A continuación no campo de Río Cabe será a cerimonia de entrega de premios.