Monforte de Lemos, 6 de novembro de 2024. O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024, cunha nova actuación este domingo 10 de novembro no Edificio Multiusos a partir das 18:00 horas.
Dentro do ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, terá lugar a posta en escena da obra para público infantil (de 3 a 10 anos) La ratita presumida, da compañía Tropos, Teatro de Títeres, obra composta por Charles Perrault, dirixida por Eduardo Guerrero e coa interpretación de Patricia Arroyo e Guillermo Gil..
É unha obra cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para nenos, estudantes, desempregados e xubilados.
Sinopse
O amor non se pode escoller. As veces chega e logo vaise. As veces quédase para sempre e as veces non o atopas nunca. Outras, o tes tan preto que nin o ves.
A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín. e está tan guapa que comezan a choverlle pretendentes.
O Señor Pato, Don Sapito, Don Gato… ¿cal será a mellor elección?. A ratiña non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.
Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional chea de cancións e retahílas infantís.
A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, para público adulto, será Soños, da compañía Arte Feito, que terá lugar o xoves 21 de outubro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.