O Alcalde asiste ó Concerto de Outono, organizado pola Coral Renfe na Casa da Cultura de Monforte

Monforte de Lemos, 9 de novembro de 2024. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, asistiu na noite de hoxe sábado ó  Concerto de Outono, organizado polo Centro Cultural Renfe na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

O cartel deste ano estivo conformado por tres corais que ofreceron un completo repertorio de música popular e de Galicia: a Coral “Vales Mahía”, de Bandeira (Silleda, Pontevedra), o Coro “Ecos do Folón” de Fornelos (O Rosal, Pontevedra) e a Coral Renfe de Monforte.

O Alcalde, acompañado pola concelleira de Cultura fixo entrega de agasallos conmemorativos ós directores das dúas corais que viron de fora para participar nesta nova edición do Concerto de Outono do Centro Cultural Renfe.

O evento contou coa colaboración do Concello de Monforte.