O Alcalde da a benvida a profesores e alumnos da nova edición do Obradoiro de Emprego da Pinguela, que inicia hoxe cun orzamento de case 500.000 euros.

-José Tomé Roca, visitou ós alumnos e profesores da nova edición do Obradoiro de Emprego na Escola taller de A Pinguela que o Concello de Monforte puxo en marcha dende hoxe, e salientou que o Concello e a Xunta “invisten neste Obradoiro de Emprego case medio millón de euros, para seguir xerando emprego e formación no noso municipio”.

-“Nesta edición recibirán formación teórica e práctica 20 alumnos, nun obradoiro que conta con dúas especialidades, albanelaría e carpintería, e aqueles que finalicen con éxito a formación obterán o certificado de profesionalidade destas dúas especialidades” salientou o Alcalde. “O obxectivo é formar profesionais que hoxe están moi demandados, para facilitar a inserción laboral ou ben o autoemprego”.

-O rexedor municipal apuntou que “con este obradoiro de emprego, que está promovido polo Concello de Monforte, creamos 24 postos de traballo durante 9 meses; o grupo estará formado por 20 alumnos e alumnas (12 de albanelaría e 8 de carpintaría), 2 docentes, unha directora e unha administradora, cun investimento de arredor de medio millón de euros (459.928€) procedentes de fondos Estatais”.

-Os participantes no obradoiro levarán a cabo a rehabilitación e restauración das naves da Escola Taller A Pinguela, tamén a restauración de espazos urbanos ou do Paseo do río Cabe, así como a restauración de bancos, papeleiras, xardineiras e outros elementos urbanos.

-O Alcalde concluíu subliñando que “unha vez rematado este obradoiro, o Concello de Monforte ten o compromiso de inserción de alumnos en empresas que precisen contratar a traballadores durante un mínimo de tres meses. Para elo, darémoslle ás empresas un incentivo á contratación de 1.500 € por alumno e empresa, para favorecer a inserción laboral destes programas no mercado de traballo.”

 

Monforte de Lemos, 2 de decembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural,  Servizos e Medio Ambiente, José Luís Losada, visitou hoxe o Obradoiro de empregoRehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela-2que se desenvolverá dende hoxe, e ó longo de nove meses, nas instalacións da Escola Obradoiro da Pinguela, e deu a benvida ó mesmo a alumnos e profesores.

Nesta edición recibirán formación teórica e práctica 20 alumnos, nun obradoiro que conta con dúas especialidades, albanelaría e carpintería, e aqueles que finalicen con éxito a formación obterán o certificado de profesionalidade desta dúas especialidades” salientou o Alcalde. “O obxectivo é formar profesionais que hoxe están moi demandados, paras facilitar a inserción laboral ou ben o autoemprego”.

O rexedor municipal apuntou que “con este obradoiro de emprego, que está promovido polo Concello de Monforte, creamos 24 postos de traballo durante 9 meses; o grupo estará formado por 20 alumnos e alumnas (12 de albanelaría e 8 de carpintaría) 2 docentes, unha directora e unha administradora, cun investimento de arredor de medio millón de euros procedentes de fondos Estatais”. En concreto, conta cun orzamento de 459.928€ partida que procede de fondos Estatais (do SEPE, Servizo Público de Emprego Estatal), autonómicos e municipais.

Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela-2

O Concello de Monforte de Lemos ven emprendendo unha serie de actuacións de mellora das instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela da súa titularidade, sitas na estrada de rúa Sober, s/n. Con dito fin, desenvolveu o Obradoiro de Emprego Dual “Renovación Naves Escola Obradoiro A Pinguela”, no período de novembro 2023 a novembro 2024.

Deste xeito, no novo obradoiro, que foi inaugurado hoxe polo Alcalde, o obxectivo é proseguir actuando nas referidas instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela, incidindo, desta vez, nas edificacións nas que ata o de agora non se actuara e no acondicionamento e mellora de urbanización de diferentes espazos dos accesos exteriores e do interior do recinto.

Complementando o contido formativo do obradoiro, contémplase ademais a actuación sobre varios elementos do mobiliario urbano en mal estado de conservación, nos que urxe actuar para a súa conservación. En concreto, abordarase a restauración de espazos urbanos como o Paseo do río Cabe, así como a restauración de bancos, papeleiras, xardineiras e outros elementos urbanos.

O Alcalde concluíu subliñando que “unha vez rematado ambos obradoiros, dende o Concello de Monforte temos o compromiso de inserción de  alumnos en empresas que precisen contratar a traballadores durante un mínimo de tres meses. Para elo, darémoslle ás empresas  un incentivo á contratación de 1.500 € por alumno e empresa, para favorecer a inserción laboral destes programas no mercado de traballo.”

Instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela

As actuacións que se levarán a cabo nas instalacións da Escola Obradoiro, serán as seguintes:

  • Rehabilitación do alpendre anexo polo sur á nave do taller de cantería.
  • Rehabilitación do almacén auxiliar do extremo nordés da instalación.
  • Acondicionamento do espazo exterior dos accesos ao recinto, intermedio con vía pública da estrada de Sober.
  • Acondicionamento do espazo intermedio dos módulos de ensino e servizos.
  • Creación de camiños para tránsito de vehículos polo interior do recinto e de acceso ás edificacións.
  • Renovación de redes de saneamento e pluviais.
  • Construción de soportal de madeira no acceso exterior pola zona de módulos de aulas e servizos.
  • Construción de soportal de madeira nas entradas dos módulos das aulas (módulos 1, 3 e 4).
  • Acondicionamento de espazos libres do interior da parcela.

Espazos e mobiliario urbanos

As actuacións que se levarán a cabo en espazos e en mobiliario urbano, serán as seguintes:

  • Restauración do paseo do río Cabe.
  • Restauración de mobiliario urbano municipal (bancos, papeleiras, xardineiras,...).