O Alcalde acende o alumeado de Nadal de Monforte, que alcanza o 1,2 millóns de luces Led e un investimento de 57.000€

-Ás 18:30 horas, José Tomé Roca, acompañado por varios Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno, acendeu oficialmente a iluminación navideña monfortina, na rúa do Cardenal, diante dun gran cono de 20 metros de altura e 6 de diámetro que simboliza unha árbore de Nadal e coa que “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”.

-Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de batucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardenal ata a praza de España, onde está situado unha Estrela de Nadal de 7 metros de longo e 3 metros de alto.

-O Executivo de José Tomé investiu no alumeado de Nadal deste ano 57.000€, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, 5.000€ máis que en 2023, o que significa case un 10% de incremento.

-O Alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, alcalzamos o 1,2 millón de luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, ata os 264 arcos, distribuídos en 66 rúas da cidade, unha máis que o ano pasado.

-Ademais das 66 rúas iluminadas con arcos, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

-“O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar as festas de Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería, pero o máis importante é, que sexan moi felices nestas festas de Nadal”.

-O alumeado funcionará ata o luns 6 de xaneiro de 2025, día de Reis. O horario de encendido será de 18:30 a 2 da madrugada.

 

Monforte de Lemos, 5 de decembro de 2024. Na tarde de hoxe, ás 18:30 horas, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu oficialmente a iluminación de Nadal 2024, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o  Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, a Concelleira  de Consumo, Regina López,  o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

O acendido oficial tivo lugar na rúa do Cardenal, diante dun cono de 20 metros de alto (aproximadamente 2 metros máis que en 2023) e 6 m. de diámetro a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do Alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”. Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación do grupo monfortino de batucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardenal ata a praza de España, onde está situado a Estreala de Nadal de 7 metros de longo e 3 metros de alto, na que tamén, ó igual que a árbore do Cardeal, se poden sacar fotos dende o seu interior.

O Equipo de Goberno investiu no alumeado de Nadal deste ano 57.000€, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, 5.000€ máis que en 2023, practicamente un 10% máis.

O Alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, alcanzamos o 1,2 millón de luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, que alcanzan os 264 arcos, distribuídos en 66 rúas da cidade”.

Ademais das 66 rúas iluminadas con arcos, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, incluídas as árbores da súa parte superior, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, a Praza de Abastos, con dous bonecos na súa entrada, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte. Tamén será adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía.

O alumeado funcionará ata o luns 6 de xaneiro de 2025, día de Reis. O horario de acendido e apagado das luces, será de 18:30 a 2 da madrugada.

“O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería pero o máis importante é, que sexan moi felices nestas festas de Nadal”.

Principais atractivos da iluminación de Nadal

Mantense a iluminación da Torre da Homenaxe, ó igual que nos pasados anos, na que a través de proxectores exteriores, levaranse a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre, con máis intensidade de imaxe, e simulando a caída de copos de neve.

Instalouse un cono central na rúa do Cardeal, a modo de árbore de Nadal, de arredor de 20 metros de alto, 2 metro máis que en 2023, por 6 metros de diámetro, e na Praza de España ubicouse unha Estrela de Nadal de 7 metros de longo e 3 metros de alto.

A árbore da rúa Cardeal e a Estrela da praza de España contan cun paso interior “para que a xente poida facerse fotos dende dentro e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”, subliña o Alcalde.

1,2 millóns de luces LED

José Tomé recorda que este ano o Concello alcanza o 1,2 millóns de luces LED para a iluminación de Nadal a través de arcos e motivos decorativos.

Distribuíndo as luces por cada elemento luminoso, segundo os datos facilitados pola empresa que instalou as luces, son os seguintes:

  • Os 264 arcos terán 776.041 luces LED.
  • A árbore de Nadal do Cardenal, 77.000 luces LED.
  • A Estrela de Nadal da praza de España, 15.600 luces LED.
  • O cedro xunto os Escolapios, 4.500 luces LED.
  • E nas árbores das prazas, 324.000 luces LED.

Se se suman as luces das proxeccións da Torre da Homenaxe, as dos 7 arcos de saúdos de “Bo Nadal” que hai ás entradas da cidade, e as da Casa Consistorial, alcánzanse os 1,2 millóns de luces LED, incrementando en máis de 200.000 as de 2023, o que supón un 20% máis.

A maior inversión en alumeado de Nadal da historia de Monforte

“Dende o Concello investimos 5.000 euros máis no alumeado de Nadal de 2024 con respecto ó ano 2023, alcanzando os 57.000€, case un 10% máis, a maior inversión en alumeado de Nadal da historia do Concello de Monforte, superando a cantidade destinada en 2023” salienta o Alcalde.

“Eu como Alcalde e o meu Equipo de Goberno, estamos impulsando o alumeado de Nadal, e asumindo o seu coste e instalación, tal e como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno municipal en 2015, para axudar ó comercio e á hostalería, que son pilares básicos da nosa economía.”

Deste xeito, supérase o número de arcos colocados en 2023, de 260 a 264 e tamén supérase a altura da árbore do Cardeal, chegando a 20 metros de altura.

Os arcos de Nadal son de luz LED, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais.

Ademais das 66 rúas iluminadas con arcos, que é unha ría máis que en 2023, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte. Tamén foi adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía,.

Para complementar o alumeado de Nadal, tamén funcionarán as fontes da cidade todos os días co mesmo horario que as luces de Nadal, de 6 e media da tarde (18:30 h.) ata as 2 da madrugada.

Iluminación de 66 rúas da cidade

Este ano son 66 rúas as que contarán con alumeado de Nadal, unha rúa máis que en 2023, incorporándose a rúa María Paz de Tor:

  • Aceña Nova: 2 arcos
  • Blanco Amor: 2 arcos
  • Praza do Conde: 1 arco
  • Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
  • San Lázaro: 3 arcos.
  • Valle Inclán: 7 arcos.
  • Corredoira: 7 arcos.
  • Malvarón: 3 arcos.
  • Estrella: 2 arcos.
  • Rosalía de Castro: 2 arcos.
  • López Suárez: 2 arcos.
  • Travesía Veiguiña: 4 arcos.
  • Fontecha: 2 arcos.
  • Tomás Vázquez: 2 arcos.
  • Benito Vicetto: 5 arcos.
  • Juan Montes: 4 arcos.
  • Reboredo: 4 arcos.
  • Duquesa de Alba: 4 arcos.
  • Carude: 4 arcos.
  • Roberto Baamonde: 15 arcos.
  • Morín: 13 arcos.
  • Hortas: 6 arcos.
  • Cardenal (peonil+zona de tráfico): 8 arcos.
  • Cardenal estreito: 3 medios arcos.
  • Compañía: 10 arcos.
  • Calvo Sotelo: 15 arcos.
  • Doutor Casares: 8 arcos.
  • Doutor Casares estreito: 6 medios arcos.
  • Ourense: 8 arcos.
  • San Pedro: 5 arcos.
  • Rúa Coruña: 4 arcos.
  • Avenida de Galicia: 15 arcos.
  • Rúa Chantada: 10 arcos.
  • Celso Emilio Ferreiro: 6 arcos.
  • Francisco Moure: 6 arcos.
  • Eduardo Pondal: 3 arcos.
  • Valle de Lemos: 2 arcos.
  • Molinos de Antero: 1 arco.
  • Germán Vázquez: 2 arcos.
  • Central: 1 arco.
  • Real: 4 arcos.
  • Inés de Castro: 4 medios arcos.
  • Curros Enríquez: 2 arcos.
  • Pontevedra: 2 arcos.
  • Concepción Arenal: 2 arcos.
  • Praza da Estación: 2 arcos.
  • Río Seco: 2 arcos.
  • As Cruces: 3 arcos.
  • Abeledos: 5 arcos.
  • Santa Clara-Ramberde: 6 medios arcos.
  • Casar: 2 arcos.
  • Ferrol: 1 arco.
  • Santiago: 1 arco.
  • Covas: 3 arcos.
  • Hermida Balado: 3 medios arcos.
  • Doutor Goyanes: 2 arcos.
  • Doutor Teixeiro: 7 medios arcos.
  • Comercio: 3 medios arcos.
  • Paseo de Lugo: 3 arcos.
  • Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
  • Pinguela: 2 arcos.
  • Sarria: 3 arcos.
  • Lois Pereiro: 2 arcos.
  • Otero Pedrayo: 3 arcos.
  • Julio Camba: 2 medios arcos.
  • María Paz de Tor: 2 arcos.

“O desexo do Concello” concluíu o Alcalde, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que anime e que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas”.