O Alcalde inaugura a exposición “Xeración Líder” que recolle a evolución deste suplemento sobre deporte base ó longo de 19 anos

Monforte de Lemos, 10 de decembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na tarde de onte na praza do Campo de San Antonio a exposición itinerante sobre o suplemento deportivo Líder, que publica semanalmente o xornal La Voz de Galicia, e que baixo o título “Xeración Líder, recolle a evolución deste suplemento sobre deporte base ó longo de 19 anos.

No acto inaugural, o rexedor monfortino estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, os concelleiros de Obras e Servizos, José Luis Losada, e Deportes, José Manuel Mougán, así como outros membros da Corporación municipal, representantes de diversos eidos deportivos de Monforte, así como do xornal La Voz de Galicia. A visita á exposición foi conducida por Javier Ferreiro e Rebeca Fernández, responsables da elaboración deste suplemento deportivo.

A exposición conmemora a recente saída á rúa do nú­mero 1.000 do suplemento Líder, que naceu hai 19 anos. Organízase en 7 paneis temáticos que recollen unha selección dos contids máis representativos abordados por esta publicación ó longo dos anos: fútbol, baloncesto, ascensos e títulos de fútbol e baloncesto, as portadas máis orixinais, as máis reivindicativas, e as galas dos premios Líder de fútbol e baloncesto base.

Esta exposición Xeración Líder, antes de chegar a Monforte, estivo xa presente en Lugo e Sarria, e está previsto que percorra outras localidades da provincia. O Concello de Monforte patrocinou a instalación da exposición na cidade, e conta tamén co apoio da Deputación de Lugo.