ESPECTÁCULO DE HUMOR /ALBERTE MONTES con PATRÓN -Nadal 2024-25 /Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, venres 27 de decembiro ás 20:00h

O Concello de Monforte de Lemos dentro da programación do Nadal 2024-25, programa a ALBERTE MONTES, co espectáculo PATRÓN na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o venres 27 de decembro ás 20:00 h, con entrada libre e gratuita.

PATRÓN é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura popular galega. Ese cabeza de familia, xefe da cuadrilla, ese pureta que se cre máis e con máis poder do que en realidade ten.
 
Alberte vaise facendo maior e cre estar entrando nun proceso de “empatronamento”. Tics, manías, xeitos de facer estanlle marcando o camiño. A súa vida cambiou un chisco nos últimos tempos. Vai quedando atrás o Alberte mozo, que saía un martes e non tiña resaca o mércores, que durmía máis cas mantas ou que non tiña que preparar o IVE trimestral. Neste espectáculo, Alberte tamén renderá tributo ó patrón de referencia, seu pai.  

ALBERTE MONTES é actor e cómico. Formado no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona, segue ampliando os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, cásting, clown ou loita escénica.
En teatro acumula máis de quince anos como profesional, tendo xirado por España en compañía e con espectáculos propios de stand up comedy. Como cómico conta preto de 1.000 actuacións en directo e dous monólogos gravados para CENTRAL DE CÓMICOS, programa de Comedy Central. Ten actuado xunto a cómicos coma Ignatius, Toni Moog ou Carlos Blanco. Colaborou en programas de humor como BUENAS NOCHES Y BUENAFUENTE ou EN EL AIRE de El Terrat, e outros da TVG, entre os que destacan, LAND ROBER ou LUAR. Na súa faceta de colaborador e reporteiro participou dos programas LOS LUNES AL GOL e LOS INFILTRADOS ámbolos dous da canle Gol TV.
Como actor participou recentemente en BIRD BOX,película de Álex e David Pastor. Púidoselle ver tamén noutras como EL OLIVO de Icíar Bollaín ou EC 4 de Jaume Balagueró. Na Televisión de Galicia protagonizou as series de comedia DO DEREITO E DO REVÉS e AUGASQUENTES. Interveu ademais en VIDA PERFECTA ou MATAR AL PADRE, ámbalas dúas de Movistar+. Actualmente forma parte do elenco de EL PUEBLO (Amazon/Telecinco) e foi un dos protagonistas de FARIÑA (Netflix/Antena3). É tamén guionista, director e locutor.