Monforte de Lemos, 13 de decembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, comunica que ven de abrir o prazo de inscrición para dous obradoiros interxeracionais, que son unha novidade dentro do Programa Activa 2024-2025, o Obradoiro interxeracional AV@S 3.0 e o Obradoiro interxeracional de manualidades navideñas. Están dirixidos a avós/avoas e ós seus netos/netas que estén empadronados no Concello de Monforte de Lemos.
O prazo de inscrición para ambos obradoiros será ata o 20 de decembro de 2024, e poderá formalizarse na Secretaría dos Servicios Sociais do Concello, ubicada no Centro Cívico do paseo do Malecón.
Ambos obradoiros son gratuítos para as persoas participantes.
Obradoiro interxeracional AV@S 3.0
“Este obradoiro”, explica o Alcalde, “nace cun dobre obxectivo. Dunha banda, para fortalecer os lazos entre os avós e avoas e os seus netos e netas. E doutra banda, para contribuír á alfabetización dixital das persoas maiores aproveitando os coñecementos dos máis xovenes”.
Deste xeito, este obradoiro levarase a cabo os días 23 e 26 de decembro de 2024 de 11:00-13:00h na planta souto do Centro Cívico Social e está dirixido os avós/avoas e os seus netos/netas (de 8 a 16 anos) que sexan veciños e veciñas do Concello de Monforte de Lemos. Ofértanse 8 prazas dobres.
O taller está orientado a dotar ós maiores das competencias necesarias para un desenvolvemento básico nas inmensas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, e ós rapaces erapazas de 8 a 16 anos na adquisición de hábitos de responsabilidade e implicación en tarefas asumidas como propias así como favorecer relacións interxeracionais.
O funcionamento do móbil, correo electrónico, os buscadores, o tratamento de fotografías…. Son ferramentas indispensables para relacionarse coa contorna, son instrumentos que manexan diariamente os mozos e mozas, pero han de ser comúns e coñecidos pora todas as xeracións.
Deste xeito, o Executivo de José Tomé pon en valor o empoderamento das persoas maiores veciñas do Concello de Monforte, sendo conscientes dos beneficios que acarrea o contacto continuado con xeracións máis novas. Isto supón experimentar moitos beneficios cognitivos, incluíndo entre outros unha redución da perda de memoria, na sintomatoloxía depresiva, nos sentimentos de soidade e illamento e un incremento na satisfacción coa vida tal e como avalan investigación realizadas.
Obradoiro interxeracional de manualidades navideñas
Na mesma liña que no obradoiro anterior, o Concello tamén oferta un Obradoiro interxeracional de manualidades de Nadal que se desenvolverá o día 23 de decembro de 11:00 a 13:00h na 2ª planta do Centro cívico social dirixido tamén a avós e avoas e netos e netas con idades de 6 a 16 anos, que sexan veciños e veciñas do Concello de Monforte. Ofértanse 8 prazas dobres.
Requisitos de inscrición
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán acudir á Secretaría dos Servizos Sociais onde cubrirán o modelo de solicitude achegando o documento de identidade.
Os requisitos que deberán cumprir as persoas participantes serán:
- Estar empadroados no Concello de Monforte .
- Que as persoas participantes teñan relación parentesco en 2º grao (avós/netos) e cumprir idade establecida (no caso das persoas menores).
- No caso de participar no Obradoiro interxeracional Av@s 3.0, dispor de móvil con sistema Android.
Solicitude Inscrición Obradoiros Interxeracionais Plan Activa Monforte