O Alcalde inaugura o Mercado de Nadal de Monforte, con produtos navideños a cargo de 15 stands e un programa para toda a familia

Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na tarde de hoxe o Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de comercio e artesanía á vez que animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais e gastronómicas para todos os públicos.

O Alcalde, José Tomé Roca, destacou que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

Na inauguración, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, Cultura, Marina Doutón, Deportes, José Manuel Mougán, Consumo, Regina López, Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz e Mulller e Igualdade, Margarita López.

 

Abre o Mercado de Nadal de Monforte

Deste xeito, o Mercado de Nadal de Monforte, abriu as súas portas na Praza de Abastos monfortina hoxe sábado 21 de decembro, e terá continuidade mañá domingo 22, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. Este mercado terá continuidade a vindeira fin de semana, os días 28 e 29 de decembro.

No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, como artesanía en coiro, pintura, bixutería, madeira, complementos téxtiles, calzados, produtos gourmet, galletas artesanais, tartas de queixo artesás, cosmética natural e moito máis. Estes produtos serán ofertados por 15 expositores cada día.

 

Programación para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal ten un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

Pola mañá tiveron lugar dous obradoiros artesanais: de pintura e decoración dunha árbore navideña e outro de coiro, e pola tarde tivo lugar o espectáculo de Duende CircoPallaso Total” e as 19:00 horas o Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza, que dará ideas de aperitivos navideños coa elaboración de tres alternativas diferentes a cargo do Chef Manuel Rodríguez.

-Mañá domingo 22, ás 12:00 h terá lugar un obradoiro de artesanía de elaboración de adornos de Nadal e pola tarde ás 18:30 h o espectáculo de Peter Punk “Chungo que te cagas”.

 

Programación completa do Mercado de Nadal

As actividades que se ofertarán no Mercado de Nadal serán as seguintes:

Sábado 21 de decembro:     

  • 12:00 h- Obradoiro infantil de pintura e creación de árbores de Nadal.
  • 18:00 h- Actuación de Duende Circo co espectáculo “Pallaso Total”.
  • 19:00 h- Obradoiro de Cociña-Showcooking “Aperitivo de Nadal”.
  • A partir das 20:00 h., rúa Cardeal, actuación do grupo monfortino 7ROJO 

Domingo 22 de decembro:

  • 12:00 h- Obradoiro artesanal para decoración de Nadal.
  • 18:30 h- Actuación de Peter Punk con “Chungo que te cagas”.

Sábado 28 de decembro:

  • De 12:00 a 14:00 e de  17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
  • 18:30 h- Espectáculo de Títeres Alakrán co espectáculo Pequeno Kabaret de Tolos”
  • A partir das 20:00 h., rúa Cardeal, actuación do grupo monfortino MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES.

Domingo 29 de decembro:

  • De 12:00 a 14:00 e de  17:00 a 20:30 h- Pistas de Scalextric.
  • 18:30 h- Espectáculo de maxia co mago Roberto Lolo co espectáculo “Mira el Coyote”.