O Alcalde asiste ó Concerto de Corais de Nadal do Concello de Monforte na igrexa da Nosa Señora da Antiga

Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu na tarde noite de hoxe o tradicional Concerto de Corais de Nadal do Concello de Monforte que se celebrou na igrexa da Nosa Señora da Antiga dende as 7 da tarde.

No concerto, estivo acompañado pola pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, Cultura, Marina Doutón, Deportes, José Manuel Mougán, Consumo, Regina López, Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz e Mulller e Igualdade, Margarita López.

O recital correu a cargo da Coral Polifónica de Monforte, o Coro de Voces Graves de Vigo e o Ensemble Vocal Ángel Barja de Vigo, que interpretaron un variado e completo programa musical de pezas tipicamente navideñas, ante numeroso público na igrexa da Compañía.

O Alcalde fixo entrega dun agasallo institucional a cada unha das dúas corais que se achegaron ata Monforte para protagonizar este concerto de Nadal, xunto á Coral Polifónica monfortina.