Última obra de teatro do segundo semestre de 2024 en Monforte, este xoves 26 no Multiusos coa compañía Trécola Producións e a obra Coa música a outra parte

Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2024. O Equipo de Goberno do Concello de Monforte programa para este xoves 26 de decembro ás 18:00 no auditorio do Edificio Multiusos a última das obras de teatro correspondentes ó segundo trimestre deste ano 2024.

Así, terá lugar a coa posta en escena da obra para público infantil e familiar, titulada Coa música a outra parte, da compañía Trécola Producións. A autora e directora é Isa G. Coldeira e o elenco está composto por Ero Vázquez Cabrera e Raquel López Cendán.

É unha obra dirixida a público infantil e familiar, con entrada libre e gratuíta. Forma parte do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do Programa de Nadal do Concello de Monforte.

 

Sinopse

Coa música a outra parte é unha comedia de luva e música en directo. Catro historias entrelazadas forman este enredo baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola Producións lle dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para darlles un toque divertido e provocador.