Monforte de Lemos, 11 de xaneiro de 2025. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que non puido acudir por problemas de axenda, fixo entrega na mañá de hoxe dos diferentes trofeos e medallas correspondentes ó Campionato Galego de Técnica e Freestyle de Taekwondo que se celebrou no novo Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.
Nos actos, o Concelleiro de Deportes estivo acompañado pola Concelleira de Sanidade e Tráfico, Pilar Espinosa, así como o Presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiríz López, o Secretario Territorial da Xunta en Lugo, Alejandro Fontela e o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.
Este Campionato Galego de Taekwondo reuniu en Monforte a 150 taekwondistas procedentes de toda Galicia, participando deportistas de 11 anos en adiante.
As competicións desenvolvéronse en xornada de mañá na modalidades de Técnica e Freestyle.
No Campionato participaron 14 taekwondistas monfortinos do Club Neka.
- Cadete femenino: Alba Díaz, Alicia Castro e Inés Casal.
- Júnior femenino: Lucía Roca.
- Júnior masculino: Alan David Bustamante e Aitor Teijeiro.
- Sénior 1 masculino: Álex Camba, Carlos Rey, José Roca, Marco García e Daniel Areán.
- Sénior 1 femenino: Laura Álvarez, Nerea Mora e Icía Marcos.
O Concello de Monforte foi un dos principais patrocinadores deste evento, xunto coa Deputación de Lugo.
Resultados do Campionato relativos ós taekwondistas monfortinos:
5 Ouros: Alex Camba, Laura Álvarez, parella Laura Álvarez e Dani Árean, parella Aitor Teijeiro e Lucía Roca, trío Alex Camba, Marco García e Carlos Rey.
4 Pratas: Lucía Roca, Aitor Teijeiro, Inés Casal e trío Alicia Castro, Inés Casal e Alba Diaz.
4 Bronces: David Feijóo, José Roca, Carlos Rey e Alicia Castro.