O Alcalde supervisa as pistas de tenis da Pinguela, renovadas íntegramente

-José Tomé Roca, ven de anunciar a renovación integral das pistas de tenis da Pinguela que inclúe tanto a mellora do drenaxe e a colocación dun novo pavimento nas pistas, como a renovación do peche perimetral das instalacións e que estarán en funcionamento dende o venres 4 de abril.

-As actuacións da renovación do pavimento das pistas, afectaron a un total de 1.296 m2 xa que cada unha das pistas ten de superficie 648 m2 distribuídos en 36 m. de lonxitude por 18 m. de ancho. En canto á renovación do peche perimetral a renovación afecta a 153 m lineais que se dividen en 84 m correspondentes ós fondos e 69 m que se corresponden cos laterais. A inversión total da renovación das pistas de tenis alcanza un orzamento de 63.965,44 €.

-Para finalizar coa modernización desta instalación deportiva, O Alcalde informou da posta en marcha dun sistema automático de aluguer e apertura das pistas que permitirá ós usuarios, a reserva das mesmas de forma automática, na data e horas que más lles interesen.

Monforte de Lemos, 3 de abril de 2025. O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a finalización das obras de reparación das pistas de tenis municipais consistentes na mellora do drenaxe e colocación dun novo pavimento así como o pintado das lineas de xogo.

Tal e como explicou Tome, “as obras que afectaron a unha superficie de 1.296 m2 requeriron unha actuación completa de renovación do firme dado o deterioro que tiñan polo elevado uso que se fai destas instalacións. Procedeuse, polo tanto á recuperación do drenaxe antiguo para posteriormente efectuar a colocación dun novo pavimento de formigón poroso de 9 cm de espesor. Xa por último, procedeuse ó pintado das liñas de xogo en cada unha das pistas que teñen unhas dimensións de 36 x 18 m cada unha delas”.

Unha vez rematada a instalación do novo pavimento, procedeuse á renovación do peche perimetral das instalacións de exterior, procedendo en primeiro lugar, á renovación de 153 metros de murete existente para suxeitar o novo pechamento metálico que está formado por malla galvanizada e plastificada S.T. 50/14 sobre estructura tubular de 60 mm e a colocación dos accesorios necesarios para o acabado e tensado do pechamento metálico.

Para finalizar coa remodelación das pistas, instalouse un sistema automatizado de aluguer e apertura que permitirá ós usuarios facer unha reserva automática, en función das súas necesidades, podendo escoller día e hora para a utilización das mesmas.

Tal e como explicou o Alcalde, “a partir de agora, aquelas persoas interesadas en alugar algunha das pistas de tenis municipais da Pinguela, poderano facer a través da plataforma de aluguer de Instalacións Deportivas Municipais SPORTTIA, que o Concello ten habilitada e que xa se estaba usando para alugar outras instalacións municipais como o Campo Municipal de Fútbol, Luis Bodegas”.

O único requisito será darse de alta na plataforma como usuario/a e contrasinal, empregando ben un ordenador ou un Smartphone descargando a app específica de SPORTTIA para smartphones. Unha vez o usuario esté rexistrado, poderá escoller a franxa horaria que máis lle interese para alugar algunha das dúas pistas, de luns a domingo entre as 9:00 h e as 23:00 h. Unha vez feita a reserva, o interesado recibirá un PIN NUMÉRICO co que poderá acceder ó recinto deportivo, no horario reservado, introducindo este pin no teclado numérico instalado na porta de acceso á instalación, para tal fin.”

En canto ós horarios e precios, as pistas estarán dispoñibles para o seu aluguer, de luns a domingos entre as 9:00 h e as 23:00 h e o custe por hora de aluguer e pista é de 3,09 € que o interesado deberá abonar no momento de realizar a reserva a través da pasarela de pagos habilitada para tal fin. Xa por último, aclarar que no caso de ser necesario, e en función da hora do día, a iluminación do recinto, acenderase de xeito automático.

Esta importante actuación, tal e como explicou o Alcalde, “enmárcase dentro do meu compromiso como Alcalde de transformar e mellorar o Concello de Monforte, tal e como vimos demostrando ó longo destes anos de Goberno. Neste sentido, unha das zonas da Cidade que tivo unha transformación moi positiva é a zona da Pinguela, que coa mellora das rúas, o Parque Covas-Pinguela, o novo pavillón de deportes, a mellora de todo o espazo destinado a estacionamento, incluída a iluminación, e agora, a reforma integral das pistas de tenis, mellora moitísimo a súa calidade residencial que se completará xa de todo, coa finalización da reforma da piscina municipal.