O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Abril 2025
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
QUE É O "SHARENTING". Por que deberías pensarcho dúas veces antes de compartir a vida dos teus fillos en redes sociais.
Canto compartes na internet sobre a vida dos teus fillos? E ata que punto queres ver información sobre a vida dos fillos dos demais nas redes sociais?
O "sharenting" -un anglicismo que provén de share (compartir) e parenting (paternidade)- consiste en documentar os primeiros sorrisos, palabras, pasos... e cada unha das anécdotas dos máis pequenos en Facebook, Instagram e outras redes sociais.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para máis información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com