Monforte de Lemos, 4 de abril de 2025. Dende o Concello de Monforte, queremos informar a todos os veciños dos cortes de tráfico de vehículos e a ordenación de tráfico que se realizarán mañá sábado, 5 de abril pola celebración de dous eventos que terán lugar na cidade no transcurso do día.
CORTES NA PARTE ALTA DA PRAZA DE ESPAÑA, RÚA PANADERÍAS E RÚA BAILÉN.
Dende as 17:30 h ata as 20:00 h permanecerá pechado o tráfico de vehículos, no tramo comprendido entre a parte alta da Praza de España, na rúa Panaderías e en toda a Rúa Bailén para a organización e celebración do Desfile de traxes medievais que terá lugar ás 18:30 horas do sábado día 5 dende a entrada do mercado da Praza de abastos ata a entrada do espazo gastronómico.
Na rúa de Santo Domingo soamente se poderá circular en sentido de subida, dirección San Vicente, excepto o tramo entre o Campo da Virxe e a Porta da Alcazaba, polo que tamén poderán baixar os usuarios que teñan como destino a Rúa Falagueira e o entorno da Cárcere Vella.
CORTES DEBIDO Á VOLTA CICLISTA LUGO MASTER 2024
O sábado día 5 de abril prevese que sobre as 18:18 h cunha estimación de horario orientativa, pasará por Monforte a Volta Ciclista Lugo Master que ten o percorrido seguinte: a pelotón da carreira entrará por C/ Morín ata o cruce da C/San Pedro, seguindo pola Ronda María Emilia Baamonde ata a glorieta “Do Hórreo”. Dende alí xiran dirección saída da cidade pola Carretera de Chantada.
Todo o tramo do percorrido e o acceso ó mesmo das vías colindantes, permanecerá pechado mentras dure o evento.
Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.