Monforte de Lemos, 1 de febreiro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe en rolda de prensa os proxectos que dende o Concello se puxeron en marcha dende o mes de setembro do pasado ano 2020, logo de que no Pleno da Corporación Municipal celebrado o luns 28 de setembro de 2020, o Alcalde anunciara “que o Concello de Monforte poría en marcha, dende aquela data e ata finais de ano, como mínimo, 23 proxectos que, ou ben quedarían contratados, ou conveniados ou afectados por unha subvención, e que permitirían falar dun antes e un despois na cidade de Monforte de Lemos”.
Na rolda de prensa, o Alcalde anunciou ques que finalmente foron máis os proxectos que se puxeron en marcha dende o Concello, en concreto 31 proxectos contratados, ou conveniados ou afectados por unha subvención, que supoñen un investimento total de algo máis de 10,5 millóns de euros, en concreto, 10.510.355,64 €.
Aportacións por institucións
Dos máis de 10,59 millóns de euros investidos en Monforte, as aportacións por institucións son as seguintes.
O Concello de Monforte aporta 4.645.169,13 euros, dos cales 3.455.208,07 € corresponden con remanentes municipais, 166.189,99 € están incluídos no Orzamento do ano 2020 e 23.771,07 € no Orzamento do ano 2021.
Os diferentes convenios asinados coa Deputación de Lugo supuxeron investimentos por valor de 1.162.541,40 euros.
A renovación de todo o alumeado público do Concello con tecnoloxía LED, a través de dous proxectos que se desenvolverán tanto na zona urbana como na zona rural, suporá que o I.D.A.E. aporte 2.689.088,51 euros.
Os convenios asinados coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para a mellora do saneamento de Monforte, supuxeron unha aportación da Confederación Hidrográfica de 1.920.000 euros.
Finalmente, a Xunta de Galicia, aportou 93.556,60 euros, a través do Agader (48.669,60 €) e do Xacobeo (44.887 €).
“A raíz destes datos” incidiu o Alcalde, “a diferencia entre administracións é abismal. E a todo isto, hai que engadir os máis de 5,5 millóns de euros da supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco, que se licitarán entre marzo e abril de 2021”.
31 actuacións postas en marcha para mellorar Monforte
1- Instalación de novas áreas biosaudables nas parroquias de Distriz, Gullade e Moreda:
- Orzamento: 8.439,75 €, dos cales 4.707,19 € son dos orzamentos do Concello de 2020, e 3.732,56 € do Agader.
- Adxudicado a María Teresa López Lago.
- Proxecto concluído.
2 e 3- Posta en valor da Torre da Homenaxe e do Centro do Viño:
- O orzamento conxunto destes 2 proxectos é de 45.980 €, dos cales 16.093 € son dos orzamentos do Concello de 2020, e 29.887 € por parte da Xunta de Galicia.
- Adxudicado a Esmon, S.L.U.
- Proxecto concluído.
4- Acondicionamento da Fonte de Rozabales:
- Orzamento: 15.585,51 €, provintes dos orzamentos do Concello de 2020.
- Adxudicado a Couso Souto S.L.
- Proxecto concluído.
5 e 6- Renovación de todo o alumeado público do Concello (zona urbana e zona rural) con tecnoloxía LED:
- Orzamento: 3.361.360,65 €, dos cales o I.D.A.E. aporta 2.689.088,51 € e 672.272,14 € proveñen de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Abante.
- Proxecto en trámite.
7- Ampliación e mellora do Parque Infantil da Compañía:
- Orzamento: 168.907,77 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Calfensa.
- Proxecto en execución.
8- Arranxo do Local social de Reigada:
- Orzamento: 19.102,05 € dos cales 4.102,05 € son dos orzamentos do Concello de 2020, e 15.000 € do Xacobeo.
- Adxudicado a Carcana SLU.
- Proxecto concluído.
9- Mellora e peonalización da rúa Abelardo Baanante:
- Orzamento: 95.515,20 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Explotacións Medioambientais.
- Proxecto en obra.
10- Mellora e peonalización da rúa Armando Cotarelo:
- Orzamento: 42.569,02 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Ovisa SLU.
- Iniciadas as obras.
11- Mellora da praza do Dr. Goyanes:
- Orzamento: 86.914,02 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Ocisat.
- Proxecto en obra.
12- Reforma integral da cuberta do Edificio Multiusos:
- Orzamento: 247.775,75 €, dos cales 147.775,75 € proceden de remanentes do Concello, e 100.000 € da Deputación de Lugo.
- Adxudicado a Abante (dir. obra) e Obras Gallaecia SL.
- A piques de comezar as obras.
13- Construcción dunha pista de Skate na Compañía:
- Orzamento: 77.096,51 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Gómez Crespo.
- Proxecto en obra.
14- Mellora da accesibilidade da praza Campo de San Antonio:
- Orzamento: 26.504,99 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Ovisa SLU.
- Proxecto en execución.
15- Proxecto de mellora da Accesibilidade de Monforte:
- Orzamento: 295.108,11 €, dos cales 245.108,11 € proceden de remanentes do Concello, e 50.000 € da Deputación de Lugo.
- Proxecto conveniado para licitar.
16- Mellora da rúa A Veiga:
- Orzamento: 50.275,40 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Francisco Gómez y Cia S.L.
- Proxecto a piques de comezar as obras.
17- Arranxo da rúa Ferrocarril:
- Orzamento: 28.189,30 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Ovisa SLU.
- Proxecto executado, queda o pintado de sinais horizontais.
18- Arranxo do Camiño da Barxa:
- Orzamento: 23.771,07 €, con cargo ós Orzamentos 2021.
- Adxudicado a Ovisa SLU.
- Proxecto executado, queda o pintado de sinais horizontais.
19- Sinatura, en novembro, do convenio coa CH Miño-Sil para seguir mellorando o saneamento de Monforte: rúa Morín, rúa Xoan Montes, rúa Valle-Inclán despois da vía do tren, Barrio das Cruces xunto ó Regato das Malloadas, e supresión do aliviadero do Parque dos Condes:
- Orzamento: 2.400.000 €, dos cales 1.920.000 € son aportados pola CHMS, e 480.000 € polo Concello de Monforte.
- Proxectos en fase de redacción pola CH Miño-Sil.
20- Mellora das telecomunicacións do Edificio Multiusos:
- Orzamento: 39.080,73 €, con cargo ós Orzamentos 2020.
- Adxudicado a Jesús Álvarez.
- Proxecto executado.
21- Dotación de iluminación ó campo da Pinguela:
- Orzamento: 79.863,96 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Sicyme 2012 S.L.
- Proxecto en execución.
22- Reforma da instalación eléctrica do pavillón polideportivo da Pinguela:
- Orzamento: 27.962,07 €, provintes de remanentes do Concello.
- Adxudicado a Cyme Santos Héctor S.L.
- Proxecto a piques de comezar as obras.
23- Proxecto de reparcelación da “Zona C”:
- Orzamento: 1.023.698,80 €, dos cales 723.698,80 € proceden de remanentes do Concello, e 300.000 € da Deputación de Lugo.
- Proxecto en alegacións.
24- Nova iluminación do Paseo dos Loureiros:
- Orzamento: 23.595 €, dos cales 3.128,60 € proceden do Orzamento 2020 do Concello, e 20.466,40 € da Deputación de Lugo.
- Adxudicado a Raúl e Hijos S.L.
- Proxecto concluído.
25- Novo Parque Infantil na urbanización Val de Lemos:
- Orzamento: 73.590,64 €, provintes de remanentes municipais.
- Adxudicado a Ouri.
- Proxecto en obra.
26- Adecuación do espazo escénico do Edificio Multiusos:
- Orzamento: 18.029 €, provintes do Orzamento 2020.
- Adxudicado a Arteficción.
- Proxecto concluído.
27- Renovación da rúa Costa da Pena:
- Orzamento: 48.361,33 €, dos cales 6.286,33 € proceden do Orzamento 2020 do Concello, e 42.075 € da Deputación de Lugo.
- Adxudicado a Ovisa SLU.
- Proxecto concluído.
28- Mellora do Local social de Probeiros na parroquia de A Parte:
- Orzamento: 44.189,18 €, con cargo ós Orzamentos de 2020.
- Adxudicado a Couso Souto S.L.
- Proxecto en obra.
29- Novo Parque do Barrio do Hospital:
- Orzamento: 570.922,56 €, dos cales 14.988,40 € son dos orzamentos do Concello de 2020, 150.000 € da Deputación de Lugo e 405.934,16 € dos remanentes municipais.
- Proxecto en proceso de licitación, iniciada a expropiación de terreos para licitar.
30- Mellora do teito da Praza de Abastos:
- Orzamento: 67.967,27 €, dos cales 23.030,23 € son dos remanentes municipais e 44.937,04 € proveñen do Agader.
- Proxecto en proceso de licitación.
31-Ponte de Ferro do Malecón:
- Orzamento: 1.500.000 €, dos cales 1.000.000 € son provintes dos remanentes municipais e 500.000 € proveñen da Deputación de Lugo.
“Como ven” concluíu o Alcalde, “o programa de actuacións desenvolto dende finais de setembro de 2020 e ata finais do pasado ano, creo que en poucas ocasións foi tan ambicioso. Esta liña de traballo constante, desenvolta polo noso Equipo de Goberno, por e para Monforte, terá continuidade neste ano 2021 que vimos de iniciar no que seguiremos anunciando importantes actuacións e proxectos para seguir mellorando a nosa cidade e as nosas parroquias”.