Selección e contratación de traballadores en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA

SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES Ó ABEIRO DA ORDE DO 9 DE XANERIO  DE 2023 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PERCEPTORAS DE RISGA, E SE APROBA A CONVOCATORIA PARA O ANO 2023

NOTA TRIBUNAL:

As persoas que resulten seleccionadas e propostas polo Tribunal deberán presentar ó día seguinte o da proposta de contratación os documentos acreditativos de reunir os requisitos da convocatoria. A xustificación das condicións dos aspirantes acreditarase coa seguinte documentación:

1.Fotocopia compulsada do DNI ou NIE en vigor e da tarxeta da Seguridade Social.

2.-Tarxeta de demandante de emprego.

3.-Documentación acreditativa de ser persoa beneficiaria da RISGA, así como, de que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral e de ter cargas familiares, de ser caso.

4.Certificado de conta bancaria.

5.Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado por sentencia xudicial firme, nin estar incurso en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade para a función pública de conformidade coa lexislación vixente.

6.Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o desempeño das tarefas propias da praza. Comprobado que reúnen os requisitos esixidos para o contrato, o Sr. Alcalde-Presidente ditará decreto resolvendo a contratación e formalizará cos seleccionados o correspondente contrato laboral temporal, segundo o previsto na lexislación laboral aplicable.

18/05/2023 Publicación resultado proceso selectivo

16/05/2023 Actualización listado SPEG

11/05/2023 Rectificación Reclamación Resultados Oferta SPEG

05/05/2023 Publicación listado SPEG

05/05/2023 Bases e convocatoria