Dous docentes Obradoiro Dual de Emprego "Rehabilitación naves Escola Obradoiro A Pinguela II"
29/10/2024 Bases
ANUNCIO:
A Xunta de Goberno Local de data 21/10/2024 aprobou as BASES PROCESO SELECTIVO DE DOUS DOCENTES OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REHABILITACIÓN NAVES ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA II”.
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.
A instancia deberá conter, polo menos: os datos persoais do solicitante coa súa dirección (achegando fotocopia do DNI en vigor), a denominación da praza, xustificante do pago da taxa esixida, declaración responsable de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases, documentación acreditativa dos méritos alegados conforme se dispón nas presentes bases.
Aqueles aspirantes que estean aqueixados por unha minusvalía poderán incluír solicitude de adaptación dos lugares de celebración dos exames. Para este caso, deberán aportar certificación oficial de minusvalía que lles afecta, expedida polo órgano competente da administración estatal ou autonómica.
O prazo para presentación de solicitudes será de 7 días naturais, contados a partir do seguinte desta publicación.
A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común. Os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello deberán comunicalo ó correo electrónico rrhh@concellodemonforte.com ou no fax 982404812, no mesmo día da súa presentación, aportando xustificante da súa presentación.
Rematado o prazo de 7 días naturais o Sr. Alcalde ditará decreto aprobando a lista de admitidos e excluídos.
Para seren admitidas, as solicitudes dos aspirantes deben axustarse o disposto en apartado anterior é dicir, aportando:
- Fotocopia do DNI en vigor.
- Xustificante do pago da taxa esixida.
- Copia compulsada da titulación esixida.
- Declaración xurada de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases.
- Documentación acreditativa dos méritos alegados.