Parques municipais e infantís

Parques Municipais e Infantís

PARQUE DOS CONDES

É o espazo verde de referencia da Cidade do Cabe. Os terrenos pertencían ao Colexio dos Escolapios, que en 1990 os ceden ao Concello, tempo despois levantouse o parque e posteriormente construíuse o aparcamento do Parque dos Condes, amplio espazo de aparcamento gratuito no centro da cidade.

O Parque dos Condes acolle os Domingos polas mañás un mercadillo, é escenario de numerosas actividades deportivas e de lecer e desde o seu embarcadoiro inician viaxe as embarcaciones de recreo durante os meses de verán.

Lugar ideal para que veciños e visitantes paseen cos nenos e sentir o ambiente da cidade.

Parque dos Condes

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL RÚA CHANTADA

Monforte de Lemos dispón de máis dunha ducia de parques repartidos por todos os recovecos da cidade, co obxectivo de que todas as áreas de poboación teñan un lugar de esparcimento próximo, no que poder disfrutar d@s máis pequen@s.

Parque Infantil Rúa Chantada

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL DA COMPAÑÍA

Neste espazo os nen@s atoparán gran diversidade de xogos exteriores para pasar unha tarde divertida con total seguridade. Complétase con zonas de sombra, bancos para sentarse e cancha de baloncesto.

Jardín de la Compañía

 

PARQUE MUNICIPAL E PASEO FLUVIAL EN COVAS

Este parque é de especial interés polo circuito de educación vial para @s máis xóvenes. Forma parte do paseo fluvial de Covas convertíndose, cando a climatoloxía o permite nunha excelente zona de descanso e de punto de encontro dos veciños da zona.

Parque de Educación Vial en Covas

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL BARRIO VALLE DE LEMOS

Monforte de Lemos dispón de máis dunha ducia de parques repartidos por todos os recovecos da cidade, co obxectivo de que todas as áreas de poboación teñan un lugar de esparcimento próximo. Este lugar ofrece outro xeito de asomarse á cidade pola interesante imaxe que nos da do Monte de San Vicente con toda a cidade aos seus pes.

Parque Barrio Valle de Lemos

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL DA FLORIDA

Neste espazo os cativos atoparán gran diversidade de xogos ao aire libre, zonas para pasear, espazos de sombra, bancos para sentarse e cancha de baloncesto. Un gran xardín e zona cuberta con mesas completan este espazo de lecer.

Parque A Florida

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL RÚA IRMÁNS DAPENA

Monforte de Lemos dispón de máis dunha ducia de parques repartidos por todos os recovecos da cidade, co obxectivo de que todas as áreas de poboación teñan un lugar de esparcimento próximo, no que poder disfrutar c@s máis cativ@s. Neste caso dase cobertura, ademáis, a unha zona cun importante peso poblacional e con moitos servizos onde facíase necesario un lugar de lecer para os pequenos.

Parque Rúa Irmáns Dapena

 

PARQUE MUNICIPAL LADEIRA DE SAN VICENTE

Desde a metade da ladeira de San Vicente ata o arroio Zapardiel exténdese este parque. Espazo ideal para o deporte, pola pendente do terreo e para desfrutar da natureza coa compaña das nosas mascotas. Podemos acceder desde a parte superior ou desde a inferior, segundo o tipo de percorrido que queiramos facer. En todo o parque disponse de bancos para facer cantas paradas se consideren necesarias. Dispón de zonas de merendeiro e zona de aparcamento tanto no acceso superior coma no inferior.

Parque da Ladeira de San Vicente

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL RÚA DOUTOR LÓPEZ SUÁREZ

Monforte de Lemos dispón de máis dunha ducia de parques repartidos por todos os recovecos da cidade, co obxectivo de que todas as áreas de poboación teñan un lugar de esparcimento próximo. Aquí se dispón tamén dunha cancha para a práctica do fútbol e do baloncesto e dunha ampla zona de circuito biosaludable con aparellos de ximnasia para todas as idades.

Parque Rúa Doutor López Suárez

 

PARQUE MUNICIPAL DOS LOUREIROS

Trátase dunha zona que parte da Costa da Pena e que a través de sendeiros rodeados de loureiros e outras especies arbóreas remata no tramo final da Rúa Santo Domingo, entre a Igrexa de A Régoa e o Campo da Virxe. Os terreos foron donados ao pobo de Monforte nos anos 60 do século XX polo Doutor López Suárez.

Parque dos Loureiros

 

PASEO DO MALECÓN

O tramo urbano do Río Cabe foi cambiando co paso dos anos, sendo a creación do Paseo do Malecón unha das actuacións máis importantes. A área fluvial sempre estivo ahí, pero foi en 1929 cando se lle deu forma e se enlazou coa praza Doutor Goyanes para darlle continuidade cara a Rúa Hortas. Hoxe este espazo complétase cun paseo fluvial acondicionado en ámbalas dúas marxes e que nos ofrece novas perspectivas da cidade.

Paseo do Malecón

 

ÁREA RECREATIVA MUNICIPAL DE RIBASALTAS

Esta zona de esparcimento é utilizada principalmente na época estival para gozar das súas sombras e do frescor que da a proximidade do Río Cabe. Dispón de parque para os nenos, pista de fútbol e merendeiro. Pode ser unha interesante zona para o descanso nun paseo ata os campos do San Mateo na Parte ou como parte dunha ruta entre Vilanova e Ribasaltas.

Área Recreativa de Ribasaltas

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL DE RÍOSECO

Neste espazo cativ@s e maiores poden gozar de todos os servizos dun parque infantil nunha contorna tranquila fora do centro da cidade. Atoparán gran diversidade de xogos para pasar unha tarde divertida con total seguridade. A zona complétase con zonas de sombra, bancos para sentarse e cancha de baloncesto.

 

Parque Rioseco

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL DE RÍOSECO II

Monforte de Lemos dispón de máis dunha ducia de parques repartidos por todos os recovecos da cidade, co obxectivo de que todas as áreas de poboación teñan un lugar de esparcimento próximo no que poder gozar c@s máis pequen@s.

Parque de Ríoseco II

 

PARQUE MUNICIPAL-INFANTIL RÚA SANTIAGO

Monforte de Lemos dispón de máis dunha ducia de parques repartidos por todos os recovecos da cidade, co obxectivo de que todas as áreas de poboación teñan un lugar de esparcimento próximo no que poder gozar c@s máis pequen@s.

Parque Rúa Santiago