Axudas

AXUDAS Ó TRANSPORTE DO ALUMNADO UNIVERSITARIO E DE CICLOS DE FORMACIÓN DESTE  MUNICIPIO CORRESPONDENTES Ó CURSO ACADÉMICO 2022/2023

Estas axudas destínanse a:

  • Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e ensinanzas universitarias conducentes a títulos de Licenciados ou Diplomados, empadroado no concello de Monforte de Lemos.
  • Alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato empadroado no Concello de Monforte de Lemos que teña que desprazarse fóra do termo municipal, por non existir oferta do ciclo formativo neste municipio ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

Publicación no BOP

Bases 2022-2023

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario curso 2022/2023

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2022/2023 en educación infantil (3-6 anos),educación primaria,educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto da axuda.

Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

  1. Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
  2.  Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 55% IPREM para o ano 2022 (318,46€/mes) en cómputo anual (3.821,52€ ano por persoa). Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros da dita unidade  como a continuación se especifica:

 

Nº membros UF

Ingresos netos mensuais

Ingresos anuais

2

636,92

7.643,04

3

955,38

11.464,56

4

1.273,84

15.286,08

5

1.592,3

19.107,6

 

 

 

 

Non se computarán os ingresos seguintes:

 

    3.Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados e residan efectivamente no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude.

    4.Que a persoa solicitante esté  ó día no pago das obrigas tributarias municipais ou no caso de ter débedas que exista compromiso de pagamento.

    5.Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Excepcionalmente, poderase eximir do requisito recollido no punto 2 previo informe da traballadora social de referencia  dos servizos sociais municipais que terá carácter preceptivo pero non vinculante sempre que queden acreditadas as circunstancias de dita excepcionalidade.

A contía máxima das axudas será a seguinte:

150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.

100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.

120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a

150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% .

Non obstante o establecido no paragrafo anterior, a contía da axuda reducirase en proporción ás solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos recollidos no punto 2, así como coas puntuacións obtidas segundo os criterios de baremación do punto 10.º.

 A solicitude e documentación presentarase no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, C.P. 27400, Monforte de Lemos, Lugo ou a través da sede electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do extracto das bases e convocatoria no boletín oficial da provincia (BOP). As bases  estarán a disposición das persoas interesadas nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos, no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web do Concello a partires desa data.

Publicación no BOP

Bases

Anexo I Certificado de matriculación 22-23

Anexo II Declaración responsable 22-23

Anexo III Declaración responsable CE e SFE 22-23

Solicitude 22-23

 

Axudas para a mellora da eficiencia enerxética nos fogares 2023

O acceso á enerxía a unha necesidade básica. O importe da factura eléctrica incrementouse considerablemente nos últimos anos debido principalmente ao aumento dos custos fixos derivados do déficit de tarifa que se inclúen na factura eléctrica, e que non se poden reducir mediante un menor consumo enerxético. Este feito, unido ao contexto económico actual, dá lugar a que existan familias galegas que non dispoñen das posibilidades económicas mínimas para o pagamento da factura enerxética (tanto de electricidade como de gas).
Así mesmo, as Corporacións locais e en concreto, o Concello de Monforte de Lemos, asume as prestacións e axudas non periódicas en situacións de necesidade, como se establece no Art. 52.2 da Lei 7/1985,de bases de réxime local.

Poderán acollerse a estas axudas as persoas ou unidades de convivencia que os servizos sociais valoren como persoas en situación ou risco de exclusión social, especialmente nas que existan menores ou persoas con discapacidade ou dependencia, que cumpran os requisitos de acceso establecidos no punto 5º e as condicións reguladas nestas bases.

Bases 2023

Anexo I Formulario datos bancarios 2023

Formulario solicitude 2023